Galaxia reedita trinta anos despois Baleas e baleas

En 1988 chegaba ás librarías Baleas e baleas, o primeiro e único poemario en galego asinado por Luisa Castro ata a data, e que reaparece agora trinta anos despois convertido nun libro de culto. Considerado como un dos títulos máis rompedores das últimas décadas do pasado século, o discurso provocador e profético de Baleas e […]

Os nenos da varíola premiada na III Gala do Libro Galego

Onte celebrábase no Teatro Principal de Compostela a III Gala do Libro Galego, convocada polo AELG, AGE e a Irmandade de Librarías de Galicia, uns premios que son xa, dende a súa creación, unha das citas máis importantes do calendario literario do país. E alí soubemos que Os nenos da varíola de María Solar fora escollida […]

Letras Galegas 2018: a festa de María Victoria Moreno!

No 17 de maio de 2018, celebramos a vida e a obra de María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), quen chegou a Galicia en 1963 tras conseguir unha praza de profesora nun instituto de Pontevedra. A súa identificación co noso país foi tan intensa que de seguida aprendeu galego e […]

Milleiros de alumnas e alumnos gozaron das obras de María Victoria Moreno no teatro

Nos últimos meses, foron milleiros e milleiros as rapazas e rapaces que ateigaron os teatros, salas e auditorios de Galicia para asistiren a algunha das dúas representacións teatrais sobre María Victoria Moreno coproducidas por Galaxia. Deste xeito, puidéronse achegar nun formato novidoso a dúas das obras máis coñecidas da autora homenaxeada no día das Letras […]

A noite do corvo e a renovación da novela policial

Chega ás librarías galegas estes días a primeira novela de Abel Tomé: A noite do corvo. A noite do corvo conta a historia do tenente Gonçalves e dos seus axudantes: Pietre, un home solitario cunha obsesión enfermiza polo sexo, e Lúa, exemplar e inocente, obrigada a coidar dun pai enfermo. Os tres enfrontaranse á hostilidade […]

A Gramola Gominola gaña o Premio Martín Códax de música infantil 2018

Máis de 700 persoas ateigaron onte o auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra para coñecer as gañadoras e gañadores dos Premios Martín Códax da Música 2018. Entre os finalistas, unha categoría na que Galaxia tiña especialmente posta os ollos: a de música infantil. Alí, optaban ao premio tres dos traballos publicados na colección Sonárbore […]

Chega ás librarías Amor por catro de Helena Villar Janeiro

Este días comezaba a chegar ás mesas de novidades das librarías galegas Amor por catro o novo libro de relatos de Helena Villar Janeiro formado por historias de amores primeiros, eses que deixana máis grande pegada no corazón, os que non se esquecen, os que nos acompañarán na memoria para o resto das nosas vidas. […]

Unha educación de premio preséntase á prensa en Compostela

No día de onte, presentouse á prensa no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), en Santiago de Compostela, Unha educación de premio o libro da xornalista Selina Otero publicado pola Editorial Galaxia na súa Biblioteca de Intervención Social e Didáctica. A autora estivo acompañada nesta ocasión por Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, […]