Tes ata o 27 de abril para participar no Reto Lector

O vindeiro venres 27 de abril remata o prazo para participar no Reto Lector 2018, un premio dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos que queiran transmitir a súa paixón pola lectura en galego a través da plataforma de vídeo, converténdose en vloggers literarios. Para participar só teñen que ler e […]
Antía Yáñez gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Esta tarde na Fundación Barrié de Vigo entregouse o Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos. A gañadora desta segunda edición foi Antía Yáñez coa novela Senlleiras. A obra narrada dende diferentes tempos, aborda unha custión tan presente ao longo da historia como a violencia contra as mulleres. O xurado, composto por Anxos Sumai, Daniel Asorey, […]
Este sábado coñeceremos a obra gañadora do Premio Illa Nova 2018

Este sábado, 14 de abril, ven coñecer connosco o título da obra gañadora do Premio Illa Nova 2018 e ao seu autor ou autora. Será nun serán aberto ao público cheo de música e literatura, que arrincará ás 19:00h na sede da Fundación Barrié en Vigo (Policarpo Sanz, 31). O acto, conducido pola editora e […]
Tres obras de Galaxia no catálogo da OEPLI 2017

A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI, nas súas siglas en español) deu a coñecer a pasada semana o seu catálogo coas obras máis destacadas publicadas no estado en 2017. Nesta selección participan tamén, como non podería ser doutro xeito, as diferentes seccións territoriais, entre elas Galix (Asociación Galega do Libro Infantil […]
Berta Dávila: O mundo nas mans

Na revista Tempos Novos do pasado mes de febreiro, a crítica literaria Montse Pena Presas comentaba e recomendaba A pel do mundo, o primeiro poemario para público infantil de Berta Dávila. Pena Presas destaca na súa recensión que este é “un poemario dirixido a lectorado autónomo, unha sorte de paseata arredor de diferentes culturas, mais […]
O xardineiro dos ingleses e a loita das de abaixo

No Tempos Novos do mes de marzo, o crítico Francisco Martínez Bouzas comentaba O xardineiro dos ingleses a agardada novela de Marcos Calveiro coa que o autor gañou o XXIX Premio García Barros no 2017. Comeza a súa recensión Martínez Bouzas, advertindo que nesta nova entrega Marcos Calveiro “cambia de rexistro e achégalle ao lectora […]
Nace o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Hoxe, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, presentouse á prensa no Concello da Pobra do Caramiñal o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Alí estiveron, para acoller este lanzamento, o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, o presidente de Barbantia, Manuel Cartea, e o reponsable de comunicación e coordinador de […]
Chega o Inspiraciencia 2018

Ábrese a oitava edición do concurso de relatos de inspiración científica que organiza o Conselloo Superior de Investigacións Científicas coa financiación da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e onde a Editorial Galaxia é unha das entidades promotoras. O prazo de presentación de relatos finaliza o 17 de maio. Facer da ciencia, ficción. […]