Este venres, 1 de xuño, remata o prazo para presentar obras ao I Premio de Literatura Infatil Carlos Mosteiro.
Convocado polo Concello da Pobra en colaboración coa Editorial Galaxia e Barbantia, o Premio Carlos Mosteiro nacía hai dous meses con dous obxectivos fundamentais: honrar a figura do escritor finado o pasado xullo de 2017, fortemente vencellado á vila do Barbanza, á súa actividade cultural e á difusión da LIX; e tamén como unha aposta pola creación en galego para o lectorado máis novo.
O premio, destinado a obras para un público de entre 3 e 12 anos, está dotado con 1.500 euros e a publicación da obra na colección Árbore desta Editorial o vindeiro outono de 2018. O fallo darase a coñecer no mes de xullo.
Podes consultar as bases ao completo na nosa web.