Berta Dávila, Manuel Rivas e Xurxo Souto, xa nas librarías

A Editorial Galaxia publica algunhas das novidades máis esperadas do ano. Estes días están chegando ás librarías de toda Galicia algunhas das novidades literarias máis esperadas do ano. Entre outras, queremos salientar as seguintes. ILLA DECEPCIÓN de Berta Davila: Nesta novela gañadora do premio narrativa breve Repsol vai inserida unha postal da autoría de Berta […]
Galaxia celebra o 25 aniversario de “Que me queres, amor?” cunha edición ilustrada

Na Editorial Galaxia, celebramos o 25 aniversario da primeira publicación do libro Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, cunha edición moi orixinal. O universo creativo de Diego Estebo ponse ao servizo da pluma de Rivas nesta fermosa edición ilustrada que temos a honra de publicar, dento da colección Xohán Ledo, no noso catálogo. Unha […]
Arturo Álvarez homenaxea os 70 anos de Galaxia, creando unha peza única

O creador Arturo Álvarez deseñou, con motivo da conmemoración do 70 aniversario de Editorial Galaxia, unha luminaria única que rende homenaxe ao grupo de fundadores que decidiron, de maneira altruísta, salvagardar e difundir a cultura e o idioma galego a través do proxecto Galaxia. Unha peza excepcional, chea de emoción, que reflicte á perfección a […]
Versión española, de TVE, ofrecerá a película “A esmorga”, este domingo

Este domingo 15 de novembro, ás 22:25 h en La 2 de TVE, Versión española ofrecerá a película A esmorga, dirixida en 2014 por Ignacio Vilar. Unha adaptación ao cine da novela de Eduardo Blanco Amor, producida por Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia. Protagonizada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán (Morris), […]
Hoxe celébrase o Día das Librarías

Hoxe, día 13 de novembro, celébrase o Día das Librarías, unha data que rende homenaxe a eses lugares que nos permiten soñar e achegarnos a novas e apaixonantes lecturas. Lugares de encontro, espazos culturais que non só venden libros, pois acubillan colectivos de persoas con intereses comúns que atopan alí o seu sitio. A lectura é un ben […]
Xavier Senín gaña o Premio Nacional á Obra dun Tradutor

Xavier Senín gaña o Premio Nacional á Obra dun Tradutor. Un prestixioso recoñecemento que distingue a súa dilatada carreira como tradutor ao galego. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura, está dotado con 20.000 euros. Para Senín, a tradución é un elemento básico para calquera lingua e, no caso do galego, unha utilísima ferramenta normalizadora. Grazas ó seu labor […]
“Virtudes (e misterios)”, de Xesús Fraga, conta co seu propio mapa

Xa é posible percorrer algúns lugares da novela Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, premendo aquí. O libro, galardoado co Premio Blanco Amor 2019, consegue que viaxemos a través das súas páxinas, nesta historia que ten por obxectivo contar a emigración desde a parte dos retornados. Agora, podemos visitar as localizacións en que se fundamenta, de […]
Galaxia elabora unidades didácticas contra a violencia de xénero nas aulas

Hoxe presentáronse en Santiago, nun acto presidido pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o de Educación, Román Rodríguez, diversos materiais destinados aos centros educativos e para o alumnado, relacionado coa prevención da violencia de xénero no ámbito educativo, e tamén as Unidades Didácticas que a Editorial Galaxia preparou para a Secretaria […]