A revista Grial en aberto

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia abriu o acceso aos 156 primeiros números, en formato PDF, da revista Grial.
Esta é unha fantástica posibilidade para todas as persoas que teñan interese en acceder a contidos culturais de alto valor. Dirixida ao ámbito universitario, é unha ferramenta idónea para aplicala no campo da investigación.
Na revista, dirixida desde o seu nacemento por personalidades da altura de Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego; Carlos Casares e Víctor F. Freixanes con Henrique Monteagudo, colaboraron e colaboran as sinaturas máis senlleiras do noso país e do ámbito internacional.
O seu obxectivo foi, desde o principio, contribuír ao prestixio cultural da lingua e da cultura galegas, dentro e fóra do país, universalizalas, e incorporar a mocidade á súa defensa.
Ese soño é hoxe unha realidade á que todas e todos podemos acceder, de balde, na nosa páxina web. Botade unha ollada premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email