Galaxia culmina a publicación dos tres libros de Seixas Seoane sobre Castelao

Miguel Anxo Seixas Seoane asina o terceiro e derrairo tomo dunha biografía monumental, concibida case como un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública narrados a carón da actualidade da época. Chega a todas as librarías Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, publicado coa colaboración do Consorcio de […]
Sinatura con Domingo Villar, na Casa do Libro de Vigo

O martes 14 de decembro, celebrarase, ás 18:30 h, na Casa do Libro de Vigo, unha sinatura con Domingo Villar arredor do seu novo libro, Algúns contos completos, que contén linogravados de Carlos Baonza. Este libro é un tributo á vida e á amizade, unha obra na que non hai espazo para a tristeza. O propio Villar […]
Onte celebrouse o derradeiro obradoiro, da Escola de Letras, con Elvira Ribeiro Tobío

Onte celebrouse a derradeira sesión do Obradoiro de Poesía, da Escola de Letras, da Deputación Pontevedra e a Editorial Galaxia con Elvira Ribeiro Tobío, na sede provincial da Deputación. Baixo o título de “Poesía potente”, Ribeiro impartiu o seu obradoiro, que estivo baseado en exercicios prácticos para o alumnado. A través da literatura formalista, a docente […]
José G. Barral Sánchez gaña a II edición do premio de novela Camiño de Santiago

A segunda edición do premio de novela Camiño de Santiago, convocado pola Academia Xacobea coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, e o patrocinio de Aluminios Cortizo, xa ten gañador. Despois de analizar a decena de obras presentadas, o xurado decidiu conceder o galardón a “Cruzados polo Camiño. Conxecturas compostelás sobre […]
Onte inauguramos o Obradoiro de Poesía, da Escola de Letras, con Elvira Ribeiro Tobío

Onte inauguramos o derradeiro obradoiro desta segunda edición da Escola de Letras, coa poeta e docente Elvira Ribeiro Tobío, en Pontevedra. Acompañando a Ribiero e ao alumnado, asistiron Victoria Alonso, deputada de Cultura, Paula Cabaleiro, directora de Cultura da Deputación de Pontevedra, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Remata o ano e […]
Galaxia publica o último libro de Carlos Callón: “A abertura da boca”

Acaba de chegar ás librarías este poemario “sobre a fraxilidade”, “porque cómpre falarmos das nosas fraxilidades para podermos seguir adiante”. Carlos Callón: “Abrir a boca salvoume”. Esta semana chegou ás librarías o último poemario de Carlos Callón, A abertura da boca, co cal o autor sente que “fecha unha etapa”, tras os volumes Atravesar o […]
O xoves inauguramos o Obradoiro de Poesía, da EDL, con Elvira Ribeiro Tobío

O xoves 2 de decembro inauguramos o derradeiro obradoiro desta segunda edición da Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, en Pontevedra. A poeta e docente Elvira Ribeiro Tobío, que este ano debuta como parte do profesorado da Escola, será a encargada de pechar esta edición co Obradoiro de Poesía, que […]
Xosé A. Neira Cruz gaña o IV Premio Carlos Mosteiro

Reunido nas dependencias municipais da Pobra do Caramiñal esta mesma mañá, un xurado composto Marta Neira Rodríguez, experta en Literatura Infantil e Xuvenil (LIX), a escritora Loretta Birott Bermejo, e Francisco Castro, escritor e director xeral de Editorial Galaxia, decidiu por unanimidade declarar gañadora do IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro a obra Por […]