A Editorial Galaxia adianta as súas novidades

No primeiro trimestre deste ano, a Editorial Galaxia publicará un mollo de títulos moi diversos entre os que podemos destacar os seguintes: Xesús Rábade Paredes publicará as súas memorias baixo o título A luz co tempo de dentro. Sendo este ano Florencio Delgado Gurriarán o homenaxeado nas Letras Galegas, publicaranse títulos da súa autoría como […]
Feliz 2022

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos o mellor para o 2022. Esperamos que sexa un ano cheo de saúde, soños cumpridos e moita lectura. Os mellores desexos para este novo comezo. Grazas por acompañarnos e compartir esta fermosa travesía das letras.
Presentación de “Illote P, Barraca 16”, en Redondela

O xoves 23 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na sala de exposicións do Multiusos de Redondela, a presentación do libro Illote P, Barraca 16, de Santiago Rodríguez Salinas. No acto estarán o actor Tatán Cunha, fillo do autor do libro, Raúl Francés, a escritora e xornalista Montse Fajardo, o actor Roberto Leal, e Tati […]
María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021

A obra Maternidades virtuosas, de María do Cebreiro Rábade Villar, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse hoxe, día 21 de decembro de 2021, ás 11 […]
“O idioma galego baixo o franquismo”: a política lingüística da ditadura, a análise

Publicada na colección Manuais da Editorial Galaxia, O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización, de Henrique Monteagudo, nace como a continuación da Historia social da lingua galega. Nela, o autor ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista. Analízase a política lingüística represiva da ditadura, consistente na imposición coactiva do castelán e na […]
Hoxe celébrase o Día da Edición

Hoxe, 17 de decembro, celébrase o Día da Edición, unha data que honra o labor que exercen os profesionais do mundo editorial, en favor do coidado e a revisión dos traballos creativos, axudando e acompañando ás escritoras e escritores no seu proceso. Este é o momento final do nacemento dun libro. É a última instancia, […]
Presentación de “A historia do cómic en Galicia”, de Octavio Beares, en Vigo

O venres 17 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de A historia do cómic en Galicia, de Octavio Beares. Acompañando o autor, estará a actriz Neves Rodríguez. Octavio Beares escribe A historia do cómic en Galicia, un estudo detallado sobre as orixes, a evolución e o presente deste […]
Sara Vila Alonso debuta coa súa primeira novela “Oito días sen Eva Cortes”

A gañadora da quinta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia, en colaboración co Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Sara Vila Alonso debuta coa súa primeira novela Oito días sen Eva Cortes. “Penso que os segredos teñen caducidade. Non existen, porque antes ou despois acaban […]