Hoxe presentamos a III Edición da Escola de Letras

Hoxe celebrouse unha rolda de prensa arredor da III Edición da Escola de Letras, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo. Participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego, Victoria Alonso Méndez, deputada de Cultura e Igualdade, Paula Cabaleiro, directora de Cultura, Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e o docente […]
Presentación de “Monte pindo”, na Fervenza do Ézaro

O domingo 16 de xaneiro, celebrarase, ás 11:30 h, na Fervenza do Ézaro, a presentación de Monte pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, de Laura Suárez. Acompañando a autora, estarán o alcalde do Concello de Dumbría, José Manuel Pequeño, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O Monte pindo é coñecido como o […]
“As caras da miña choiva”, no Festival de Libro Baba Kamo de Valencia

A ilustración da portada de As caras da miña choiva, de Kristina Saite, foi seleccionada na Exposición Internacional de Ilustración “Babalunga i Kamolongos”, organizada polo Festival do Libro Baba Kamo de Valencia. O prestixioso xurado, formado por profesionais como Flávia Bomfim, ilustradora, comisaria, organizadora del FILEXPANDIDO – Festival de Ilustración y Literatura Expandido (Salvador – Bahia) […]
A Fundación Vicente Risco e a Editorial Galaxia asinan un convenio de colaboración

Na tarde de onte, nas oficinas da Editorial Galaxia en Vigo a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira Porto, e o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión, asinaron un Convenio de Colaboración para, xuntas ambas as entidades, espallar, publicar, dar a coñecer e reimprimir a obra de Vicente Risco dentro das coleccións da […]
Presentación de “O outro lado da música, a poesía”, na Coruña

O mércores 12 de xaneiro, celebrarase, ás 19 h, na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña, a presentación de O outro lado da música, a poesía, de Luísa Villalta. No acto, estarán Susana Villalta, irmá da autora, o crítico literario e autor do limiar, Armando Requeixo, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A […]
Domingo Villar e Xesús Fraga, as grandes vendas do Nadal

Rematado o ciclo comercial do Nadal é momento de facer balance das vendas. Con moita diferencia, os libros preferidos polas lectoras e lectores do noso país, segundo os datos recopilados en distintas librarías e polo que consta nas nosas bases de datos, confirman que Algúns contos completos, de Domingo Villar, e Virtudes (e misterios), de […]
Esta noite recibiremos a visita dos Reis Magos

Nesta noite máxica, na que todo é posible, recibiremos a visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades, despois de ler con moita atención todas e cada unha das cartas recibidas, visitará todos os fogares depositando agasallos, cheos de agarimo, para a cativada, que foi tan boa e responsable durante estes tempos. Mañá, as […]
Galaxia reedita obra de Florencio Delgado Gurriarán

A Editorial Galaxia anunciou para o primeiro trimestre deste ano unha serie de novidades e títulos moi diversos, unha parte deles marcados polo homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán. Del reeditarán as obras Bebedeira, Galicia infinda ou O soño do guieiro. Tamén, para esta ocasión, quixeron afondar no coñecemento deste […]