Convócase o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Como un medio de promoción para os novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ao veciño deste concello Xosé Carlos Mosteiro Fraga, falecido en 2017, proponse a edición do V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, de obras literarias dirixidas a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos. Este premio […]
O luns abrirase a matrícula do Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío, da Escola de Letras

O luns 12 de setembro, abrirase, ás 8:00 h, a matrícula para o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío, en Pontevedra. Despois do grande éxito dos obradoiros que inauguraron a terceira edición da Escola, volve a estar dispoñible o prazo de matrícula para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar […]
Inauguración de “Bebedeira de ensoños”, en Ourense

O luns 6 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca Pública de Ourense, a inauguración da exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, comisariada por Ricardo Gurriarán. Esta exposición é un proxecto da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano das Letras Galegas 2022 […]
Presentación de “Casa de feras”, no Porriño

O luns 30 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Auditorio da Biblioteca Municipal do Porriño, a presentación de Casa de feras, Premio Vidal Bolaño 2021, de Edgar Costas. Acompañando o autor, estará Raquel Castro, escritora e secretaria do premio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Casa de feras, IV Certame de Textos […]
Galaxia publica as memorias de Rábade Paredes

A luz co tempo dentro, de Xesús Rábade Paredes, é un libro singular e personalísimo que reflexa as memorias dun dos escritores máis importantes de Galicia. Xa está en todas as librarías do país este libro, que supón unha achega ao imaxinario persoal do autor compostelán. “En certo modo fun sempre un escritor contracorrente, sen […]
Blanca Millán e Ramiro J. Peraltan gañan o II Premio Alberte Quiñoi

Hoxe, na Estrada, na Casa do Concello, reuniuse o xurado para escoller a obra gañadora desta II edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”, formado por Andrea Jamardo Seijo, Sara Valcárcel, Rosa de Cabanas, Armando Requeixo, e Carlos Loureiro, como secretario. Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas seleccións […]
Galaxia suma dous novos títulos á colección Dombate

A lista da compra, de María Besteiros, e O corpo transparente das horas, de Abraham Pérez, son os dous títulos que chegan, xunto coa primavera, á colección Dombate de Editorial Galaxia. Cuestións como a maternidade dos fillos vivos e da filla morta, a incomunicación, a vida illada nun rural organizado desde os despachos… son algunhas […]
Convócase o V Premio Vidal Bolaño 2022

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.” […]