Como un medio de promoción para os novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ao veciño deste concello Xosé Carlos Mosteiro Fraga, falecido en 2017, proponse a edición do V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, de obras literarias dirixidas a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos.

Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES:

1º. Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos, pero cunha excepción: non poderán presentarse a este certame aquelas autoras ou autores que tivesen acadado este premio nunha ou en máis de unha das últimas catro convocatorias.

As obras deberán ser inéditas e non premiadas.

As persoas participantes deberanse atopar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non estar incursas en ningunha das exclusións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.

2º. As obras poderanse presentar en papel ou en formato dixital (.doc, .odt ou .pdf), preferentemente en soporte CD, PEN ou por e-mail:

premioliterario.cultura@apobra.gal

ou no rexistro xeral do Concello da Pobra do Caramiñal. Tamén polo correo ordinario, mensaxería ou en calquera dos rexistros públicos segundo o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido ó seguinte enderezo:

Concello da Pobra do Caramiñal
V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro
Rúa Gasset, 28
15940 – A Pobra do Caramiñal (A Coruña)

A presentación realizarase en 2 sobres pechados ou 2 arquivos dixitais co seguinte contido:

–SOBRE 1:

No exterior do sobre transcribirase o seguinte:

Sobre n.º 1. V Premio de Literatura Infantil Carlos MosteiroConcello da Pobra do Caramiñal” e mailo título da obra.

No interior do sobre incluirase a obra que, no caso de se enviar en soporte papel, se presentará por triplicado, en exemplares separados, tamaño DIN A4, e impresos polas dúas caras. Ademais, deberán estar numerados, grampados ou encadernados. De se presentar en formato dixitalfarase do mesmo xeito por triplicado (CD, PEN).

En calquera soporte que se presente, na portada indicarase V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, o título da obra e o lema ou pseudónimo.

–SOBRE 2:‣

No exterior do sobre transcribirase o seguinte:

Sobre n.º 2. V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do Caramiñal” e o título da obra.

No interior do sobre incluirase a seguinte documentación:

-1.º Solicitude de participación no “V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, Concello da Pobra do Caramiñal” e a autorización para que o Concello poida recadar da Axencia Estatal da Administración Tributaria e mais da Seguridade Social os datos que acrediten que o/a participante está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, segundo o modelo oficial que se pode atopar na web do Concello da Pobra do Caramiñal, de Barbantia ou da editorial Galaxia.

-2.º Documento acreditativo da identidade (copia do DNI, pasaporte ou NIE) da persoa autora.

3º. O prazo de recepción de orixinais remata no día 30 de novembro de 2022.

4º. A obra que opte ao premio deberá responder á extensión habitual dos libros pensados para a literatura infantil.

5º. O premio, que poderá quedar sen adxudicar se o xurado estima que ningunha das obras presentadas acada a suficiente calidade literaria, considerará unha única obra gañadora, á cal se lle asigna unha dotación económica de 3000 euros.

Para tal efecto, existe consignación orzamentaria suficiente na aplicación 334.48300 do orzamento municipal para o ano 2022.

O premio estará suxeito ás retencións fiscais que corresponderen.
As obras premiadas serán publicadas na colección Árbore da editorial Galaxia.

As autoras e autores das obras premiadas comprométense a participar nos actos de promoción que a editorial organice e a realiza-la presentación no concello da Pobra do Caramiñal.

6º. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio na literatura infantil, unha delas da propia editorial. Ademais constará dun secretario/a, con voz, pero sen voto. As decisións do xurado serán inapelábeis.

7º. O ditame do xurado darase a coñecer a finais do mes de decembro, e a entrega do premio farase coincidir coa presentación da obra gañadora, unha vez editada.

8º. As obras non premiadas non serán devoltas. A partir do día seguinte á deliberación do xurado serán destruídas.

9º. A participaciónneste concurso literario non lles xera dereito ningún ás persoas participantes ata que for resolto polo xurado e ata que non for outorgado o premio por unha resolución da Alcaldía do Concello da Pobra do Caramiñal. A presentación dos orixinais a este certame literario supón a aceptación das presentes bases e o compromiso do/a autor/a de non retirar a obra antes do ditame do xurado, aceptar o premio se lle fose concedido, ou reintegralo de non se cumpriren os requisitos que se estabelecen na presente convocatoria.

O incumprimento dun ou varios apartados destas bases implicaría a automática exclusión da obra presentada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR