Hoxe celebrouse, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, unha rolda de prensa na que se deu a coñecer a nova edición do Premio Carlos Mosteiro.
No acto, participaron Manuel Cartea (A. C. Barbantia), Patricia Lojo, concelleira de Cultura do Concello da Pobra, Lourdes Briones, viuva de Carlos Mosteiro, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Este premio nace como un medio para promover os novos autores que publican en galego, así como para homenaxear ao citado escritor pobrense, falecido no 2017. Neste certame tan só hai unha obra gañadora, sempre e cando o xurado estime que hai textos con suficiente calidade literaria, xa que, do contrario, podería non conceder o galardón.
Podedes consultar toda a información sobre as bases nesta ligazón.