Hoxe celebramos o Día do Alzheimer

Categoría: Nova

Hoxe, mércores 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer. Unha data que busca concienciar sobre unha terrible enfermidade, que afecta de maneira directa tanto ás persoas doentes como ás familias e coidadores das mesmas.
Esta é a forma máis común de demencia, pois en España representa ata o 70% dos casos. Unha realidade dolorosa que ataca directamente ás capacidades das persoas que a sofren.
Obras como Chamádeme Simbad, de Francisco Castro, reflexan este tipo de problemática. A través da fermosa relación de amizade e apoio entre o avó (Simbad) e Paulo, atopámonos cunha historia que amosa como a complicidade, a imaxinación e o afecto sincero, poden ser a mellor compaña para navegar contra vento e marea. Primitivo Marcos é o artífice das ilustracións.
Este tamén é o tema principal do libro Esther F. Carrodeguas, Na butacaNel abórdase de maneira poética e optimista o tema do esquecemento. Partindo da idea do vivir no presente, achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email