O luns 12 de setembro, abrirase, ás 8:00 h, a matrícula para o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío, en Pontevedra.
Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando:
-Nome completo da alumna/o.
-Correo electrónico.
-Número de teléfono.
-No ASUNTO e no CORPO do correo hai que sinalar o obradoiro, cidade e docente, no que se quere un matricular, por orden de preferencia.
A inscrición formalizarase por estrita orde de chegada das solicitudes ata completar o aforo de cada curso. Terán preferencia as persoas que non participaron en ningún obradoiro anteriormente.
Todas aquelas persoas que non cheguen a tempo para inscribirse no obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío, poden enviar un correo solicitando acceder á lista de agarda. En caso de baixa dalgún participante, entraremos en contacto con todas as persoas interesadas, por orde de lista, ofrecéndolles a posibilidade de acceder ao curso.
O obradoiro que se impartirá no Edificio Administrativo da Deputación Provincial, en Pontevedra, será en horario de 18:00 a 20:00 h.
OBRADOIRO DE POESÍA CON ELVIRA RIBEIRO EN PONTEVEDRA
Días: 18 e 25 de outubro
O obradoiro, que levará por título Onde nace o poema, busca que todas as persoas participantes indaguen na orixe da creación poética. O obxectivo principal é estudar a orixe da escrita e a súa manifestación a través da palabra.
Usando distintas técnicas, exploracións coa linguaxe e xogos, o alumnado construirán os seus propios textos.
A docente baseará as súas clases en textos de poetas galegas e internacionais, poñendo en valor os procesos mentais, os azares que moven ás escritoras e escritores a escribir poesía.
A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia é a primeira de Galicia e un dos poucos proxectos deste tipo existentes no Estado español. A iniciativa, que naceu o pasado ano 2020, busca fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun variado abano de obradoiros, de novela, relato ou poesía, para todas as idades.