Galaxia estará no Culturgal 2024: Literatura no corazón de Pontevedra

A literatura galega brilla esta fin de semana! Do 29 de novembro ao 1 de decembro, Editorial Galaxia estará presente no Culturgal 2024, un dos maiores encontros do ano da cultura galega, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra. A nosa programación inclúe presentacións literarias que conectan lectores con autores, historias e reflexións. […]

O legado literario de Luísa Villalta

Publicado na colección Literaria de Editorial Galaxia, Formas breves de pensamento, de Luísa Villalta, en edición de Luciano Rodríguez, é unha publicación enriquecida coas ilustracións de Alfonso Costa e Carolina Rouco. Villalta entendía a literatura como unha das artes da sedución. E, nestas Formas breves de pensamento, que compilan textos do seu legado literario, maiormente inéditos, sedúcenos […]

Convócase a sétima edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Un dos premios galegos de referencia na literatura infantil chega á súa sétima edición: o Carlos Mosteiro, convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e a A. C. Barbantia. Este considerará unha única obra gañadora, á cal se lle asigna unha dotación económica de 3.000 euros, a publicación na colección Árbore da […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Vigo

Hoxe comeza a Feira do Libro de Vigo, a sétima nesta nova edición, que estará aberta ata o 7 de xullo. Celebrarase na Alameda da cidade olívica. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos, con presentacións, sinaturas e espectáculos musicais: Luns 1 de xullo, ás 19:30 h. Presentación de “O que non […]

Bases da XVIII Edición do Premio Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes BASES:: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Lugo

Hoxe comeza a Feira do Libro de Lugo. A cidade da muralla acollerá esta festividade das letras, na Praza Maior, dende o luns 13 ata o venres 17 de maio, Día das Letras Galegas. A programación estará fornecida por actos para todos os públicos. Velaquí a nosa programación: Martes 14 de maio, ás 18:30 h. […]

No aniversario do pasamento de Otero Pedrayo

Tal día como hoxe, hai 47 anos, finaba en Ourense Ramón Otero Pedrayo, unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a […]