A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes BASES::
1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escritura en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.
2. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. Cada folio estará mecanografado a dobre espazo, a razón de entre 28 e 32 liñas, de 60 a 70 caracteres por liña como termo medio no conxunto da novela presentada. Con carácter xeral, a extensión mínima e máxima de cada novela virá determinada polos valores de folios, liñas e caracteres antes explicados. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.
3. Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal e unha sétima copia en pendrive no que se incluirá a obra en formato PDF. En cada unha das copias figurará o título da novela e o seu lema. Ademais, acompañarase un sobre pechado no que figurará a citado lema e, no seu interior, o nome, dirección, números de teléfono fixo/móbil do autor ou autora, unha recensión biográfica recente e o pendrive.
4. As novelas enviaranse ata o 31 de xullo de 2024, facendo constar no sobre Premio Narrativa Breve Repsol, á seguinte dirección:
Complexo industrial Repsol A Coruña Apartado de correos 700 15080 A Coruña
5. Incluirase aos orixinais, nun sobre pechado, unha declaración xurada asinada polo autor ou autora onde declare a súa autoría sobre a novela, así como a súa orixinalidade. A non inclusión da devandita declaración xunto coa novela será motivo para que a novela en cuestión sexa excluída automaticamente, considérese non remitida e non presentada, e destrúase.
6. Establécese un único premio dotado con doce mil euros (12.000,00 €). Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.
7. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as novelas presentadas non reúnen a calidade suficiente.
8. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto gañador así como a edición dixital do mesmo durante cinco anos. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo o contrato de edición asinado para o efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Editorial Galaxia. En todas as edicións que se realicen farase constar o nome de Premio Narrativa Breve Repsol 2024.
9. O xurado estará composto por:
– Unha persoa nomeada pola Secretaría Xeral da Lingua.
– Unha persoa nomeada pola Fundación Repsol.
– Unha persoa nomeada pola Real Academia Galega.
– Unha persoa nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. – Unha persoa nomeada pola Editorial Galaxia.
A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro do ano 2024.
10. A entrega do premio terá lugar nun acto público que levará a cabo a finais de ano na cidade da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.
11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou autoras así o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous (2) meses a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.
12. A participación no Premio Narrativa Breve Repsol é voluntaria. A continuación, atoparás información básica sobre como trataremos os teus datos de carácter persoal polo feito de participar nesta acción:
Responsable |
Fundación Repsol, con domicilio en c/ Méndez Álvaro, 44 – 28045 Madrid. |
Datos obxecto do tratamento |
Todos os datos que nos proporciones, así como os que deriven da túa participación no premio. |
Finalidade |
A realización das xestións necesarias para o desenvolvemento do premio, incluída a selección do gañador, a publicación do gañador, o contacto co gañador para a entrega do premio e a posterior entrega do premio a este. |
Base lexitima do tratamento |
O teu consentimento manifestado, expresamente, ao participar neste premio. |
Destinatarios dos datos |
Os que resulten necesarios conforme á lei e os provedores de servizos na súa condición de encargados do tratamento, así como á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. |
Dereitos da persoa interesada |
Acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación ao tratamento, portabilidade e a retirar o consentimento prestado. Podes atopar un maior detalle sobre estes dereitos na información ampliada, dispoñible na política de privacidade en: www.fundacionrepsol.com. Poderanse exercer estes dereitos a través dunha comunicación á dirección do responsable. Así mesmo, poderás formular, |
en calquera momento, unha reclamación ante a autoridade de control. |
|
Duración do tratamento |
Durante o tempo que dure a acción e, unha vez finalizada, por un período de 6 anos. |
Transferencias internacionais |
As que resulten da nosa relación con provedores de servizos, coas garantías dispostas na política de privacidade dispoñible en: www.fundacionrepsol.com. |
Información adicional |
Podes consultar información ampliada sobre como tratamos os teus datos na política de privacidade dispoñible en: www.fundacionrepsol.com. |
13. A participación no premio supón que o participante gañador autoriza expresamente que a Fundación Repsol poida facer difusión, en calquera medio de comunicación interno e/o externo que estime oportuno, así como nas redes sociais nas que se desenvolva o premio, dos seus datos persoais consistentes no seu nome e apelidos coa exclusiva finalidade de divulgar o premio. Todo iso dentro da política de transparencia á que se atopa comprometida a Fundación Repsol e mesmo antes de que se produza a aceptación formal do premio ou no suposto de confirmarse que o participante non cumpre co resto de condicións impostas nas bases e perdese, consecuentemente, o dereito ao premio. A difusión e/o publicación do seu nome como gañador non xerará ningún dereito ao seu favor para a adxudicación do premio se o participante non cumpre co resto de condicións recollidas nas bases, así que perderá o dereito ao premio, a pesar de calquera publicación.
14. O autor ou autora premiado comprométese a cederlle os dereitos de explotación da súa novela á Fundación Repsol de forma inmediata tras ser premiado e, en exclusiva e por unha duración de cinco (5) anos coa finalidade de facela accesible ao público. O autor sempre será recoñecido como autor da novela; este é un dereito irrenunciable e intransmisible.
Especificamente a cesión dos dereitos de explotación a favor da Fundación Repsol incluirá os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da novela en calquera formato existente, así como a través de todos os medios de comunicación en liña ou fóra de liña que sexan necesarios para a correcta promoción da novela.
15. Nos aspectos non establecidos nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponderalles ás entidades organizadoras, as cales, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán un ditame que será inapelable.
16. A participación na convocatoria do Premio Narrativa Breve Repsol 2024 implica a aceptación destas bases.