Takekazu Asaka visita a Editorial Galaxia

Categoría: Nova

O lingüísta e profesor xaponés Takekazu Asaka, recentemente nominado académico de honra da Real Academia Galega, visitou a Editorial Galaxia.

Asaka, que traduciu ó xaponés obras de autores en lingua galega e elaborou a primeira gramática galega para nipóns; veu a coñecer de primeira man o traballo da editora e o nosa realidade actual. Este profesor, que se define a si mesmo como “ambaixador da cultura galega no Xapón”, coñeceu por primeira vez Galicia en 1989 para participar no XIX Congreso Internacional de Filoloxía e Lingüística Románica, e dende aquel momento converteuse nun gran defensor da nosa cultura.

Xesús Domínguez Dono, director de Produción (esquerda); o profesor Takekazu Asaka (centro); e Xosé M. Soutullo, director xeral (dereita)
Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia (esquerda); o profesor Takekazu Asaka (centro); e Xosé M. Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia (dereita)

En Toquio, é docente de gramática española e impartiu cursos de lingua e cultura galegas. Tamén é o responsable de organizar na capital nipona, e noutras cidades, ciclos de música e poesía galegas para celebrar o Día das Letras Galegas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email