Presentación de “Escola de mulleres”, en Vigo

O mércores 3 de maio, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro, en Vigo, a primeira presentación oficial de Escola de mulleres, de Inma López Silva. Acompañando a autora, estarán Rexina Vega, escritora, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A […]

Manolo González gaña o Premio Losada Diéguez por “Nos días encantados de agosto”

Recibe o galardón na categoría de Ensaio e Investigación. A XXXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, un certame literario que convoca de forma anual xunto ao Concello de Boborás, e que elixiu como obra gañadora, na categoría de Ensaio e Investigación “Nos días encantados de agosto. Jnha biografía de José Gil”, de Manolo González. […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Santiago de Compostela

Mañá, sábado 29 de abril, comezará a Feira do Libro de Santiago de Compostela, a segunda nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 7 de maio. Celebrarase no Paseo Central da Alameda. A nosa editorial estará na caseta nº 5. Editorial Galaxia estará presente cunha programación para todos os públicos: Venres 29, ás […]

O Premio de Novela Pata Negra levará o nome de Domingo Villar

Os premios convocados polo Congreso de Novela e Cine Negro da Universidade de Salamanca anunciaron onte que o Premio de Novela Negra nomearase a partir de agora: Premio de Novela Negra Domingo Villar, homenaxeando ao ilustre e querido escritor vigués. Este galardón premia a mellor novela negra editada en España e consiste na entrega dun […]

Editorial Galaxia publica “Escola de mulleres”, a nova novela de Inma López Silva

A Editorial Galaxia publica a nova novela de Inma López Silva, “Escola de mulleres“. A autora, gañadora do Premio da Asociación de Críticos Literarios con “O libro da filla” (Editorial Galaxia, 2020), volverá sorprender ás lectores e lectores con este novo libro. Esta novela fala sobre a fuxida. A súa protagonista, Gloria, unha profesora de […]

Paula Carballeira gaña o Premio Follas Novas na categoría de Teatro

Paula Carballeira gañou na tarde do sábado 22 de abril, véspera do Día do Libro, o Premio Follas Novas na categoría Teatro pola súa obra “As alumnas”, publicada na colección Teatro de Editorial Galaxia. Esta obra, que foi escrita a partir dunha proposta de Fran Rei como representante de Culturactiva, reflicte o que significou o […]