Galaxia recibe a visita do Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires

Hoxe, na Editorial Galaxia, recibimos a visita de José Manuel Besteiro, Presidente do Partido Cultural da Estrada en Bos Aires; unha institución fundada o 23 de outubro de 1943, que este ano celebrará o seu 80º aniversario.  Besteiro representou a todas a todos os galegos emigrados que seguen tendo Galicia na mirada e no corazón. […]

Presentación de “O home que matou a Antía Morgade”, no Porriño

O venres 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, no Círculo Recreativo Cultural, no Porriño, a presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estará o escritor Diego Giráldez. Unha das principais voces da escena ‘noir’ do país, volve a sorprendernos cunha nova entrega, ateigada de intriga e misterio. A […]

A Editorial Galaxia publica o novo libro de Xosé Cermeño

Coa novela Días felices con Fábia, a súa primeira publicación na colección Literaria, regresa Xosé Cermeño á editorial Galaxia. O escritor e creador de televisión, que foi director da primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, TVG 1990) e creador da primeira telecomedia na TVG (Pratos Combinados 1995-2006), unha produción mítica no noso […]

Manuel Núñez Singala recibe o Premio Clubs de Lectura 2023

O escritor Manuel Núñez Singala foi galardoado co premio ‘Clubs de Lectura 2023’ por ser o escritor galego máis lido nas bibliotecas escolares durante o pasado curso. Trátase dun galardón que busca recoñecer o labor das autoras e dos autores de obra en galego que “facilitan” cos seus libros a función do profesorado como mediador de lectura e […]

Galaxia publica un libro de “Receitas para encher o peito”

Neste libro, publicado na colección Cociña de Editorial Galaxia, Xoanqui Ameixeiras comparte, Receitas para encher o peito, o seu saber gastronómico con todas e todos. Esta proposta está dirixida a todas as xentes de bo comer, persoas que aman os matices e distintos sabores. Unha invitación a non esquecer os sabores da infancia, nin aqueles pratos que […]

A RAG recibe a Lourenzo Fernández Prieto como académico de número

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará o sábado 3 de xuño na Real Academia Galega como membro de número. A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde medrou, a partir das 12 horas. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e conselleiro de Editorial […]

Presentación de “A historia de Sara”, en Noia

O venres 2 de xuño, celebrarase, ás 20:30 h, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos”, en Noia, a presentación de A historia de Sara, de Franciso Castro, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando o autor, estarán a escritora e presidenta de A. C. Barbantia, María Xesús Blanco, o escritor Antón Riveiro Coello, José Pérez Martínez, […]

Presentación de “Lume”, no Porriño

O xoves 1 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca do Porriño, a presentación do libro Lume, Premio Vidal Bolaño 2022, de José Luis Baños de Cos. Acompañando o autor, estarán o alcalde do Concello do Porriño, Alejandro Lorenzo Alonso, Raquel Castro, secretaria do xurado do premio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial […]