Convócase o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol

Categoría: Premio

A Fundación Repsol, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, no desexo de contribuír ao desenvolvemento da literatura galega, convoca a edición anual do Premio de Narrativa Breve Repsol, que se rexerá polas seguintes bases:

1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen, excepto a persoa gañadora da edición anterior, cunha novela curta escrita en lingua galega, conforme a normativa establecida pola Real Academia Galega.

2. As novelas, que serán orixinais e inéditas en todos os formatos, terán unha extensión non inferior a 50 folios nin superior a 120. Cada folio estará mecanografado a dobre espazo, a razón de entre 28 e 32 liñas, de 60 a 70 caracteres por liña como termo medio no conxunto da novela presentada. Con carácter xeral, a extensión mínima e máxima de cada novela virá determinada polos valores de folios, liñas e caracteres antes explicados. Os autores deberán facer constar na última páxina anexa o número total de caracteres con espazos do seu orixinal.

3. Presentaranse seis copias encadernadas de cada orixinal. En cada unha das copias figurará o título da novela e o seu lema. Ademais, acompañarase un sobre pechado no que figurará a citado lema e, no seu interior, o nome, enderezo, números de teléfono fixo/móbil do autor ou autora e recensión biográfica recente.

4. As novelas enviaranse ata o 31 de xullo de 2023, facendo constar no sobre Premio de Narrativa Breve Repsol, ao seguinte enderezo:

Complexo industrial Repsol A Coruña Apartado de correos 700
15080 A Coruña

5. Achegarase aos orixinais, nun sobre pechado, unha declaración xurada asinada polo autor ou autora onde declare a súa autoría sobre a novela, así como a súa orixinalidade. A non inclusión da devandita declaración xunto coa novela será motivo para que a novela en cuestión sexa excluída automaticamente, se considere non remitida e non presentada, e se destrúa.

6. Establécese un único premio dotado con DOCE MIL EUROS (12.000,00 €). Esta cantidade estará suxeita á retención a conta do IRPF que legalmente corresponda.

7. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que as novelas presentadas non reúnen a calidade suficiente.

8. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos de explotación da primeira edición en galego de ata un máximo de 1.500 exemplares do texto ganador. Estes dereitos corresponderanlle en exclusiva á Fundación Repsol. A novela premiada será publicada pola Editorial Galaxia segundo o contrato de edición asinado para o efecto nos termos que acorden a Fundación Repsol e a Editorial Galaxia. En todas as edicións que se realicen se fará constar o nome de Premio de Narrativa Breve Repsol 2023.

9. O xurado estará composto por:

– Unha persoa nomeada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
– Unha persoa nomeada pola Fundación Repsol.
– Unha persoa nomeada pola Real Academia Galega.
– Unha persoa nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. – Unha persoa nomeada pola Editorial Galaxia.

A decisión do xurado será inapelable e farase pública no mes de setembro do ano 2023.

10. A entrega do premio terá lugar nun acto público que se levará a cabo na cidade da Coruña. Salvo por razóns de forza maior, a persoa gañadora deberá estar presente no acto de entrega do premio.

11. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os autores ou autoras así o soliciten por escrito, no prazo máximo de dous (2) meses a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren serán destruídos.

12. A participación no Premio de Narrativa Breve Repsol é voluntaria. A continuación atoparás información básica sobre como trataremos os teus datos de carácter persoal polo feito de participar nesta acción:

Responsable

Fundación Repsol, con domicilio en c/ Méndez Álvaro, 44 – 28045 Madrid.

Datos obxecto do tratamento

Todos os datos que nos proporciones, así como os que deriven da túa participación no premio.

Finalidade

A realización das xestións necesarias para o desenvolvemento do premio, incluída a selección do gañador, a publicación do gañador, o contacto co gañador para a entrega do premio e a posterior entrega do premio a este.

Base lexítima do tratamento

O teu consentimento manifestado, expresamente, ao participar neste premio.

Destinatarios dos datos

Os que resulten necesarios conforme a lei e os provedores de servizos na súa condición de encargados do tratamento, así como a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Dereitos da persoa interesada

Acceso, rectificación, oposición, supresión, limitación ao tratamento, portabilidade e a retirar o consentimento prestado. Podes atopar un maior detalle sobre estes dereitos na información ampliada, dispoñible na política de privacidade en www.fundacionrepsol.com. Poderanse exercer estes dereitos a través dunha comunicación ao enderezo do responsable.
Así mesmo, poderás formular, en calquera momento, unha reclamación ante a autoridade de control.

   

Duración do tratamento

Durante o tempo que dure a acción e, unha vez finalizada, por un período de 6 anos.

Transferencias internacionais

As que resulten da nosa relación con provedores de servizos, coas garantías dispostas na política de privacidade dispoñible en www.fundacionrepsol.com.

Información adicional

Podes consultar información ampliada sobre como tratamos os teus datos na política de privacidade dispoñible en www.fundacionrepsol.com.

13. A participación no premio supón que o participante gañador autoriza expresamente que a Fundación Repsol poida facer difusión, en calquera medio de comunicación interno e/ou externo que estime oportuno, así como nas redes sociais nas que se desenvolva o premio, dos seus datos persoais consistentes no seu nome e apelidos coa exclusiva finalidade de divulgar o premio. Todo iso dentro da política de transparencia á que se atopa comprometida a Fundación Repsol e mesmo antes de que se produza a aceptación formal do premio ou no suposto de confirmarse que o participante non cumpre co resto de condicións impostas nas bases e perdese, consecuentemente, o dereito ao premio. A difusión e/ou publicación do seu nome como gañador non xerará ningún dereito ao seu favor para a adxudicación do premio se o participante non cumpre co resto de condicións recollidas nas bases, así que perderá o dereito ao premio, a pesar de calquera publicación.

14. O autor ou autora premiado comprométese a cederlle os dereitos de explotación da súa novela á Fundación Repsol de forma inmediata tras ser premiado e, en exclusiva, con alcance territorial delimitado a España e por unha duración de cinco (5) anos coa finalidade de facela accesible ao público. O autor sempre será recoñecido como autor da novela; este é un dereito irrenunciable e intransmisible.

Especificamente a cesión dos dereitos de explotación a favor da Fundación Repsol incluirá os dereitos de reprodución, distribución e comunicación pública da novela en calquera formato existente, así como a través de todos os medios de comunicación en liña ou fóra de liña que sexan necesarios para a correcta promoción da novela.

15. Nos aspectos non establecidos nestas bases ou naqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, a decisión corresponderalles ás entidades organizadoras, as cales, unha vez consultados os membros do xurado, emitirán un ditame que será inapelable.

16. A participación na convocatoria do Premio Narrativa Breve Repsol 2023 implica a aceptación destas bases.

Comparte nas túas redes sociais ou por email