Inauguración de “Luísa Villalta. A música das palabras”, na Coruña

Mañá, xoves 17 de maio, celebramos, ás 10 h, o Día das Letras Galegas, inaugurando a exposición Luísa Villalta. A música das palabras, na Coruña. Unha mostra promovida pola Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, comisariada por Xesús Domínguez Dono; deseño e maquetaxe de Hayat Husein; e producida por Merlín Comunicación (Grupo Editorial […]
Rosalía Fernández Rial gaña o VII Premio Vidal Bolaño 2024

Rosalía Fernández Rial gaña o VII Premio Vidal Bolaño 2024 pola súa obra Fóra de campo. Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal, composto por José Luís Baños de Cos, dramaturgo; Ana San Fernando, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do IES Ribeira do Louro; e Raquel […]
3, 2, 1… Micro Aberto!

Con motivo da conmemoración do 17 de maio, Día das Letras Galegas, Editorial Galaxia celebrará en conxunto con El Corte Inglés, unhas sesións de Micro Aberto nas cidades de Vigo, Santiago e Coruña, poñendo en valor e achegando a cultura galega a algunhas das principais cidades. Para festexar as nosas Letras, dedicadas este ano á […]
Celebrando a Luísa Villalta

Editorial Galaxia organiza coa FNAC, con motivo do Día das Letras Galegas, unha homenaxe a Luísa Villalta nas cidades da Coruña e Vigo. Hoxe, martes 14 de maio, celebrarase, ás 17 h, na sede da cidade alta, vila na que naceu a homenaxeada no Día das Letras, unha intervención artística en directo coa ilustradora Sandra […]
Galaxia estará na Feira do Libro de Lugo

Hoxe comeza a Feira do Libro de Lugo. A cidade da muralla acollerá esta festividade das letras, na Praza Maior, dende o luns 13 ata o venres 17 de maio, Día das Letras Galegas. A programación estará fornecida por actos para todos os públicos. Velaquí a nosa programación: Martes 14 de maio, ás 18:30 h. […]
Silvia Penas, gaña o Galardón de Poesía nos Follas Novas do Libro Galego

Os premios Follas Novas do Libro Galego, que valoran a produción literaria do ano 2023 en Galicia, destacaron como a mellor obra do ano, na categoría de Poesía Retratos de vodas, partos e funeirais, de Silvia Penas. A poeta ofrece un retrato persoal, no que destaca a fuxida. Unha poesía marcada pola sororidade, na que a […]
Galaxia publica unha edición especial de “En concreto”

Co gallo das Letras Galegas 2024, Editorial Galaxia publica, en colaboración co Concello da Coruña, unha edición especial do poemario En concreto, de Luísa Villalta, con limiar de Estíbaliz Espinosa e fotografías de Xurxo Lobato. Esta obra póstuma, no seu día merecente do XII Premio de Poesía Espiral Maior (2003), e Premio da Crítica de […]
Galaxia estará na Feira do Libro do Porriño

Hoxe, xoves 9 de maio, comeza a Feira do Libro do Porriño, a terceira nesta nova edición, que estará aberta ata o domingo 12 de maio. Celebrarase no Barrio de San Bieito. Editorial Galaxia estará presente coa seguinte programación: Xoves 9 de maio, ás 19 h. Presentación de As vidas do río, de Xulio Teixeira, acompañado […]