Celebramos o Día Europeo das Linguas

Cada lingua está conformada por palabras diferentes, vocablos que nos sinalan a maneira na que as súas xentes entenden a realidade e, por tanto, o mundo. E así é, cada lingua é un mundo. Un mundo que apreixa unha identidade propia, uns valores sociais e unha historia. Se aínda somos galegos, é por obra e […]
Sandra Lodi recibe o IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi por “Papóns”, na Estrada

Hoxe celebramos, na sala de xuntas do Concello da Estrada, a entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, a Sandra Lodi, por Papóns. Acompañando a autora, estiveron Lucía Seoane Rosende, concelleira de Cultura, Carlos Loureiro Rodríguez, secretario do xurado; e Sara Vacárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. Sandra Lodi aporta […]
Entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, “Papóns”, na Estrada

O mércores 25 de setembro, celebrarase, ás 12 h, na sala de xuntas do Concello da Estrada, a entrega do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, a Sandra Lodi, por Papóns. Acompañando a autora, estarán Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; e Sara Vacárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos de Editorial Galaxia. […]
“Hermilindo esbirra poemas”, finalista nos XXI Premios literarios Frei Martín Sarmiento

Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís, ilustrado por Laura Romero Pereira, é unha das dúas obras finalistas da 1ª categoría da XXI edición dos Premios literarios Frei Martín Sarmiento. Este é un dos galardóns máis prestixiosos do noso sistema literario pois son o alumnado e profesorado os encargados de decidir cales dos libros publicados nos […]
Rolda de prensa de presentación de “Economía e poesía: Rimas internas”, en Santiago de Compostela

Hoxe celebramos, no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, unha rolda de prensa de presentación arredor de Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2023, de Yolanda Castaño. Acompañando a autora, estiveron Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, director xeral de Caixa Rural Galega; Armando Requeixo, […]
Convócase o XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2024

A Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o […]
Presentación de “Cousas de Farruco”, en Santiago de Compostela

O martes 24 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a presentación de Cousas de Farruco, de Farruco (Xosé Luís Bernal López). Acompañando o autor, estará Quico Cadaval, actor, director, adaptador teatral; Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua; Soledad Felloza, presidenta da asociación de Narración Oral Galega; e Xosé […]
Chus Pato, Premio Nacional de Poesía

Chus Pato vén de gañar o Premio Nacional de Poesía pola súa obra “Sonora”, (Xerais, 2023). A autora, nada en Ourense en 1955, é dona dunha das poéticas máis persoais e vangardistas da poesía en lingua galega e conta cunha voz renovadora e rupturista internacionalmente recoñecida que nunca renunciou ao seu fondo compromiso ético. En […]