Crear porvir. 75 anos de historia de Editorial Galaxia

Onte, celebramos, na sede Afundación, en Santiago de Compostela, a inauguración oficial de Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia. No acto, participaron José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; Paloma Vela, coordinadora adxunta da área de Cultura de Afundación; Goretti Sanmartín, alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela; Henrique Monteagudo, comisario da exposición; e […]
Editorial Galaxia é distinguida como entidade Cunqueriana de Honra 2025

Hoxe, en Mondoñedo, celebrouse unha homenaxe a Álvaro Cunqueiro, nun acto no que a Editorial Galaxia foi distinguida como Entidade Cunqueriana de Honra. Recoñeceuse así o seu papel decisivo na difusión e proxección da obra do escritor mindoniense, sendo o selo editor onde viron a luz títulos fundamentais como Merlín e familia, As crónicas do […]
Galaxia recibe a distinción como entidade Cunqueriana de Honra 2025

O venres 28 de febreiro, celebrarase, ás 11 h, no Cemiterio Vello e no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo, ás 12 h, un acto de homenaxe a Álvaro Cunqueiro e a distinción como entidade Cunqueriana de Honra a Editorial Galaxia, selo editor das principais obras do escritor mindoniense. Esta distinción ten como obxectivo […]
Presentación de “A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024”, en Santiago de Compostela

O xoves 27 de febreiro, celebrarase, ás 11:30, no MUPEGA, en Santiago de Compostela, a presentación de A Investigación Educativa en Galicia 2015-2024, coordinado por Miguel Anxo Santos Rego. No acto, acompañando o coordinador, estarán Román Rodríguez González, conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela; e […]
Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2025

Editorial Galaxia, coa colaboración de Ámbito Cultural El Corte Inglés, convoca a novena edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2025, para autores e autoras menores de 35 anos. En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial a través das novas […]
Presentación de “Bibiano. Cambiar para ser un mesmo”, en Vigo

O mércores 26 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na Biblioteca da EMAO, en Vigo, a presentación de Bibiano. Cambiar para ser un mesmo, de Carlos Rego. Acompañando o autor, estarán Fernando Franco, escritor e xornalista, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Publicado na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, Bibiano. Cambiar para ser […]
Rosalía de Castro. Unha voz eterna para Galicia

Hoxe, domingo 23 de febreiro, conmemoramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, unha das figuras máis transcendentais da nosa literatura e da nosa identidade cultural. A súa voz, firme e inconfundible, continúa a soar con forza no noso tempo. Nada en Santiago de Compostela en 1837, foi pioneira na recuperación da lingua galega […]
A forza da nosa lingua

Hoxe, venres 21 de febreiro, celebramos o Día da Lingua Materna, unha data para reivindicar o noso idioma e reafirmar o compromiso de Editorial Galaxia coa defensa do galego dende 1950. A lingua é identidade, historia e futuro, e por iso seguimos dando voz a autoras e autores que nos axudan a comprender quen somos. […]