5.000 grazas!

En Editorial Galaxia estamos moi felices porque xa somos máis de 5.000 na nosa comunidade de Instagram. Encántanos ler os vosos comentarios e poder compartir con vós o gusto pola lectura e o pracer da cultura. Seguimos traballando en libros fermosos que axiña sairán da nosa fábrica literaria. Non deixedes de seguirnos na nosa páxina web […]

Xa nas librarías, “Corazón de manteiga” de Xavier Queipo

Xa está en todas as librarías Corazón de manteiga, de Xavier Queipo. Nel, o autor ofrécenos unha viaxe ao corazón de Mauro, o protagonista desta historia. A través da súa escrita, achegámonos a un rapaz que goza dunha nenez fantástica, inzada de soños, e que despois vive unha mocidade chea de dúbidas e desterro interior para, finalmente, iniciar a madureza cunha […]

Hoxe celébrase o Día Mundial da Nena

Hoxe, día 11 de outubro, celébrase o Día Mundial da Nena. Unha data que conmemora o recoñecemento dos dereitos das cativas e que amosa os problemas que teñen que enfrontar, día a día, en todo o mundo. Aínda queda moito camiño por percorrer para acadar unha igualdade verdadeira. Os estereotipos de xénero asúmense dende moi […]

Presentación de “Benvidos á cidade”, en Vigo

O día 9 de outubro, ás 20 h, celebrarase, na libraría Librouro de Vigo, a presentación do libro Benvidos á cidade, de Xurxo Sierra Veloso. Acompañando ao autor, asistirá Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia. É necesario confirmar asistencia en librouro@librouro.com O acto contará con todas as medidas de seguridade. O comando de liberación animal […]

Tal día coma hoxe, morría Edgar Allan Poe

Tal día coma hoxe, hai 171 anos, morría, en 1849, Edgar Allan Poe. Unha personalidade que non precisa moitas presentacións e que foi, sen dúbida, o gran mestre do relato curto e das historias de terror. Escritor, poeta, crítico ou xornalista, son algúns dos oficios que perfilaban a este talentoso creador. Coñecelo é fundamental para […]

“Poeta en Nova York”, de Federico García Lorca, xa en galego

Celebrando o 80 aniversario da súa publicación, na Editorial Galaxia publicamos, en galego,  a obra poética cume de Federico García Lorca: Poeta en Nova York. O traballo de tradución de Suso Díaz fai que poidamos desfrutar desta xoia poética na nosa lingua e achegarnos a este texto hipnótico. Trátase dun libro que lle serviu a […]

Antón Riveiro Coello presentou “O paraíso dos inocentes”, na Coruña

Antón Riveiro Coello presentou, na Coruña, O paraíso dos inocentes, Premio Torrente Ballester 2019, xunto con Álex Alonso, que presentou Granito (Xerais). Acompañando o autor, asistiron o deputado de Cultura Xurxo Couto Rodríguez, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia e Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia. Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade […]