Reunido o xurado da terceira edición do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Carlos Mosteiro, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, o Concello da Pobra do Caramiñal e Editorial Galaxia, formado por Xosé A. Neira Cruz, gañador da anterior edición, Eulalia Agrelo Costas, profesora e experta en Literatura Infantil e Xuvenil e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, decidiron, por unanimidade, declarar deserta esta terceira edición ao non atopar orixinais de calidade entre os presentados.
En anos anteriores, o premio foi gañado por dúas novelas, de Patricia Mallo e Xosé A. Neira Cruz, de altísimo nivel literario, e este xurado entende que ningunha das obras, á parte de non reunir o mínimo de calidade esixible para ser premiadas e, polo tanto, publicadas, tampouco acadaban o nivel dun galardón destas características.