Galaxia elabora unidades didácticas contra a violencia de xénero nas aulas

Categoría: Nova
Hoxe presentáronse en Santiago, nun acto presidido pola conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana e o de Educación, Román Rodríguez, diversos materiais destinados aos centros educativos e para o alumnado, relacionado coa prevención da violencia de xénero no ámbito educativo, e tamén as Unidades Didácticas que a Editorial Galaxia preparou para a Secretaria Xeral de Igualdade que dirixe Susana Lopez Abella. As Unidades, para ESO e Bacharelato foron realizadas por Montse Pena Presas a partir do libro Feminismos escrito por Anna R Figueiredo.
Un valioso material que agora irá chegando aos centros de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email