Hoxe celebramos o Día de Galicia

Coincidindo co Día de Galicia, tal día coma hoxe, un 25 de xullo de 1950, nacía, a Editorial Galaxia. Sucedía despois de que se celebrara, no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional da editorial. Quen estaban alí albergaban un soño común, case imposible a ollos da época, pero que o tempo, 72 […]

A Editorial Galaxia trae ao galego a obra de Walter Benjamin

Da man do tradutor Carlos Penela, Galaxia trae ao galego, por primeira vez, “Diario de Moscova”, a obra dun dos filósofos máis influíntes do século XX. Berlinés de nacemento, Walter Bejanmin amosa, en “Diario de Moscova” a estancia nesta cidade, entre decembro de 1926 e febreiro de 1927, onde pretendía ser testemuña directa da realidade […]

A Editorial Galaxia estará na Feira do Libro de Rianxo

O venres 22 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo. Celebrarase, dende o 22 ao 25, na Praza Castelao do pobo, en horario de 12:00 a 14:00 h e 18:30 h a 22:00 h. O fin de semana e festivo o peche pola mañá será ás 14:30 h. Durante esta festa literaria, todas e todos […]

A Editorial Galaxia recupera “A cidade dos Césares”, de Víctor F. Freixanes

A obra foi a primeira gañadora do Torrente Ballester de novela hai agora 30 anos. A Editorial Galaxia vén de recuperar, nunha nova edición preparada polo seu autor, a novela coa que Víctor F. Freixanes conseguía o Premio de Novela Torrente Ballester hai 30 anos.  O premio comezara uns anos antes pero a novela de […]

Ignacio Vidal Portabales gaña o XXXIV Premio de Novela ‘Manuel García Barros’

Na Estrada, ás 20 h do 18 de xullo, de 2022, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnense os membros do xurado para escoller a novela gañadora desta XXXIV edición do Premio de Novela “Manuel García Barros (Ken Keirades)”, cos compoñentes que de seguido se relacionan: Marta Neira Rodríguez, profesora da […]

Lecturas recomendadas para a cativada

Xa sabedes cales serán as vosas lecturas durante este verán? Se aínda non o tedes claro, ou queredes aumentar a vosa lista de libros pendentes, recomendamos algunhas historias para compartir, fabulosas. Trátase de álbumes enfocados á cativada, que chegarán a finais deste mes á nosa editorial. A partir de agosto, todas e todos poderedes desfrutar […]

Galaxia estará na Feira do Libro de Ponteareas

O xoves 14 de xullo comeza a Festa dos Libros de Ponteareas. Celebrarase, dende o 14 ao 17, na Praza Maior da localización, en horario de 12:00 a 14:00 h e 18:30 h a 22:00 h. O sábado a apertura celebrarase ás 11 h, e o primeiro día, xoves 14, a feira será só pola tarde. […]