Antón Vidal Andión, Vigués Distinguido

Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, será nomeado Vigués Distinguido. Este mércores o alcalde de Vigo, Abel Caballero, comunicou en rolda de prensa novos nomeamentos como Vigués Distinguido, que serán entregados na gala que se celebrará o 23 de marzo, ás 20:00 h, no Teatro García Barbón. Vidal será un […]
Galaxia publica un estudio sobre a relación de Don Paco cos artistas galegos da súa época

No libro da investigadora e comisaria de exposicións Beatriz Liz de Cea, Don Paco letras para a arte galega, editado por Galaxia, a autora fai un percorrido polas experiencias que Francisco Fdez. Del Riego tivo coa nosa plástica, os seus artistas e as circunstancias que as rodearon. Unha relación case descoñecida para o gran público […]
Editorial Galaxia publica a vida de Don Paco como banda deseñada

Co gallo da celebración do Día Das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernandez Del Riego, entre máis dunha ducia de publicacións, incluíndo dous inéditos, a editorial Galaxia publica unha biografía en banda deseñada titulada Francisco Fernandez Del Riego, o home que valía por mil con guión de Antón Mascato e debuxos de Pepe Carreiro. Trátase […]
Presentación de “A historia de Sara”, en Vigo

O martes 14 de marzo, celebrarase, ás 20 h, na libraría Librouro de Vigo, a presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando o autor e a ilustradora, estará a escritora Carme Adán. A historia dunha nena de 6 anos, contada por ela mesma, sobre un asunto atroz. A historia […]
María López Sández ingresa como membro de número da Real Academia Galega

O Círculo das Artes de Lugo acollerá este sábado a sesión extraordinaria pública da Real Academia Galega na que María López Sández (1973) ingresará como membro de número da institución. A filóloga e escritora pronunciará na súa cidade natal o discurso titulado Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego. María López […]
Presentación de “O home que matou a Antía Morgade”, en Vigo

O venres 10 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría de El Corte Inglés de Vigo, a presentación de O home que matou a Antía Morgade, de Arantza Portabales. Acompañando a autora, estarán a escritora e crítica literaria, Inma López Silva, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Unha das principais voces da escena […]
Escribir en favor da liberdade

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en […]
No pasamento de Salvador García-Bodaño

Con gran pesar, recibimos a noticia do pasamento de Salvador García Bodaño, poeta, narrador, crítico de arte, tradutor, ensaísta e columnista de prensa. Nado en Vigo, no barrio de Teis, en 1935 e pertencente á xeración das Festas Minervais e cofundador do grupo O Galo. Colaborou con diversas publicacións e é autor de varias traducións […]