O día 23 é o Día do Libro e, na Editorial Galaxia, queremos poñer en valor esta efeméride que celebramos todos e cada un dos días do ano.
Os libros son eses obxectos queridos que nos permiten soñar, descubrir, imaxinar, aprender, coñecer outros pensamentos, ou personaxes inesquecibles. Ler é un acto revolucionario e nestas datas, máis ca nunca, invitámosvos a facelo con toda a paixón e ganas. Convidámosvos a sentir a liberdade de entrar nun libro. Un escenario ateigado de ideas para transformar o mundo.
Imaxe: Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil. Ilustración de Pepe Carreiro.