Xohana Torres, Uxía Senlle, o proxecto Apego e Cristina Pato, Premios da Cultura Galega

Os Premios da Cultura Galega, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, resolvéronse hoxe na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Alí, sóubose esta mañá que entre os agraciados estaban nomes moi queridos en Galaxia: Xohana Torres na categoría de letras, Uxía Senlle na de música, o proxecto Apego na de lingua […]

Éxito da xornada sobre a Editorial Galaxia no Cervantes de Londres

No serán de onte, tivo lugar no Instituto Cervantes de Londres unha xornada dedicada á Editorial Galaxia no Día Europeo das Linguas, organizada en colaboración coa revista Brit Es Magazine, e que congregou a moitos interesados ata se esgotaren as prazas. No acto, participaron o director xeral da editorial, Francisco Castro, que ofreceu para o […]

O alumnado do instituto arxentino galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe recibimos nas instalacións da editorial Galaxia en Vigo a un grupo de estudantes e profesores do Instituto arxentino galego Santiago Apóstolo de Bos Aires, que se atopan estes días facendo unha visita polas catro provincias galegas prestando especial atención a lugares claves da nosa cultura e institucións. Nesta casa, estivo para recibilos o noso […]

Chus Pato ingresa na Real Academia Galega

O sábado 23 de setembro, Chus Pato ingresará na Real Academia Galega como membro de número. A sesión extraordinaria e pública terá lugar no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense ás 12h. A poeta, que ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento do escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro, lerá un discurso titulado […]

A Editorial Galaxia no Instituto Cervantes de Londres

O vindeiro martes, 26 de setembro, Día Europeo das Linguas, terá lugar ás 19h no Instituto Cervantes de Londres, un coloquio en colaboración coa revista Brit Es Magazine arredor da historia da Editorial Galaxia e as súas conexións coa lingua inglesa a través das traducións do seu catálogo. No acto participarán o director xeral da editorial, […]

Estrea de Na butaca no Día Mundial do Alzheimer

Mañá, xoves 21 de setembro, Día Mundial do Alzheimer, estréase no Teatro Principal de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 21), Na butaca un longo monólogo tetral escrito e dirixido por Esther Carrodeguas, á fronte da compañía Butaca Zero, e protagonizado pola actriz Pepa Barreiro. Na obra abórdase o tema do esquezo como doenza dun xeito […]

Galaxia publica Anxel Huete. Unha revisión crítica

A Editorial Galaxia vén de inaugurar unha nova colección en colaboración co MARCO de Vigo, deste xeito, Anxel Huete. Unha revisión crítica convértese no primeiro exemplar de “Libros do MARCO”. Resultado da exposición que leva o mesmo nome e que se pode visitar na planta baixa do museo vigués ata o 1 de outubro, o […]

Ana Cabaleiro e Emma Pedreira fronte á tradición

A revista Tempos Novos publica no seu número de setembro un interesante artigo de Antía Monteagudo no que pon a dialogar, a raíz da subversión que fan da tradición, os dous grandes acontecementos literarios deste ano no campo da narrativa curta: Sapos e sereas de Ana Cabaleiro e Bibliópatas e fobólogos de Emma Pedreira. Deste […]