A cultura galega despide a Xohana Torres

Na noite do pasado martes e no día de onte, foron numerosísimas as mostras de cariño, respecto e fondo pesar que se puideron ler nas redes polo pasamento de Xohana Torres, figura central das nosas letras. Tamén dende a prensa tradicional chegaron numerosas aportacións que tentaban dar conta do carácter universal da escritora e dos […]
Xohana Torres, a dona dos mapas

Soubemos onte que nos deixaba Xohana Torres, escritora irrepetible, pioneira singularísima. Muller única entre homes de grandes nomes como Méndez Ferrín, Franco Grande, Rodríguez Mourullo, Ramón Lorenzo, Xosé Manuel Beiras, Bernardino Graña… Pertenceu á xeración de escritores que comezou a poñer en marcha a modernidade das nosas letras a través da histórica colección Illa Nova […]
Pelerinaxes seleccionada na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo

Presentábase onte en Lugo a programación da 39 edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na que foi seleccionado Pelerinaxes, o filme de Simone Saibene sobre o clásico de Otero Pedrayo. O filme xa fora finalista na categoría ‘Mellor documental’ dos Premios Mestre Mateo 2017, representou a Galicia no espazo CinéFil do […]
Xa están aquí os Catálogos coas novidades do 2017

A Editorial Galaxia pon á disposición dos seus lectores dous catálogos coas novidades deste 2017. Dous volumes que reunen os títulos aparecidos nas nosas coleccións máis prolíficas: Árbore e Sonárbore, dunha banda; e Costa Oeste e Literaria da outra. Fáciles de manexar e especialmente útiles para ter unha visión global do publicado ao longo deste […]
Galaxia aposta polo libro dixital

A aparición do libro dixital comportou sen dúbida a inmersión a nivel mundial do sistema editorial nun lento cambio de paradigma que dura ata os nosos días. Nesta carreira cara ao futuro, Galaxia non quixo perder o fío e dende hai xa tempo moitos dos nosos libros están dispoñibles tamén en formato e-pub. Camiño dos […]
Xornada na Fundación Penzol sobre arquivos privados

Durante a mañá do vindeiro 27 de outubro celebrarase na sede da Fundación Fermín Penzol en Vigo unha xornada sobre arquivos privados de familias e persoas. Esta xornada, de inscrición gratuíta, está especialmente dirixida, ademais de ao público interesado, a persoal técnico de arquivos, investigadores e estudantes universitarios. Coa presenza de especialistas vidos de Navarra, […]
Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca

Ángeles (Ames, 1966) e Isabel (Ames, 1970) son mestras de educación infantil, a primeira na EEI Milladoiro e a segunda no CEIP A Maía, ambos os dous no Concello de Ames (A Coruña). O Milladoiro é unha escola infantil de 12 unidades onde o alumnado procede de familias traballadoras, moitas de orixe estranxeira. A Maía […]
Na butaca presentouse á prensa en Compostela

Onte presentouse en Compostela, nun acto presidido pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, a peza teatral Na butaca, escrita e dirixida por Esther Carrodeguas, levada aos escenarios da man da compañía ButacaZero, e que Galaxia publicará entre as súas novidades de outono coincidindo co día Mundial do Alzhéimer. Alí estivo, acompañando […]