Xornada na Fundación Penzol sobre arquivos privados

Categoría: Nova

Durante a mañá do vindeiro 27 de outubro celebrarase na sede da Fundación Fermín Penzol en Vigo unha xornada sobre arquivos privados de familias e persoas. Esta xornada, de inscrición gratuíta, está especialmente dirixida, ademais de ao público interesado, a persoal técnico de arquivos, investigadores e estudantes universitarios. Coa presenza de especialistas vidos de Navarra, Portugal e Galicia, reflexionarase a través de casos concretos sobre a natureza orgánica dos arquivos e fondos familiares, e sobre o seu tratamento específico e diferenciado que ten levado á aparición dun novo tipo de arquivística.
Para asistir a estas xornadas organizadas pola Fundación Olga Gallego en colaboración coa Penzol, e co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Vigo, só tes que inscribirte chamando ao 644 408 913 ou ao 986 226 459; ou escribindo aos enderezos electrónicos fundacion@fundacionolgagallego.gal ou dirección.penzol@vigo.org.
Podes descargar a programación ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email