Chega ás librarías Corpo de Antiochia

Chega estes días ás librarías Corpo de Antiochia, o poemario co que a novísima voz de Tamara Andrés soará con forza nas mesas de novidades de toda Galicia este outono da man da colección Dombate. Un libro que é unha forma de viaxe a través do tempo, das cronoloxías e das maneiras de mirar dunha […]

Convócase o Premio Illa Nova 2018

Despois do éxito da novela premiada en 2017, A vida sinxela de Marcelo Firmamento de Vanesa Santiago, a Editorial Galaxia convoca a segunda edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección […]

Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018

A Editorial Galaxia convoca a segunda edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2018 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, […]

Kazuo Ishiguro Premio Nobel de Literatura 2017

O Premio Nobel de Literatura é a consagración definitiva na carreira dun escritor e este ano esa distinción foi parar no británico, de orixe xaponesa, Kazuo Ishiguro. O xa gañador do Man Booker Price en 1989, é un dos autores máis destacados en lingua inglesa e, por esta razón, na Editorial Galaxia apostamos no seu […]

Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Premio Repsol 2017

Xosé Antonio Neira Cruz fíxose hoxe co XI Premio de Narrativa Breve Repsol pola obra O sono das sereas. Na súa decisión, o xurado pon de relevo o “desenvolvemento que presentan as personaxes, a estrutura da novela, perfilada a partir de tres voces que van encadeando unha ficción de intriga e misterio, a súa linguaxe […]

A Editorial Galaxia en LIBER 17

A Feira Internacional do Libro, que desta volta terá lugar en Madrid entre os días 4 e 6 de outubro, contará este ano coa presenza da Editorial Galaxia. LIBER é unha feira de carácter profesional promovida pola Federación de Gremios de Editores de España e que se organiza nas cidades de Madrid e Barcelona. Este ano LIBER […]

Mañá coñeceremos a obra gañadora do Premio Repsol 2017

Mañá mércores, terá lugar ás 12:30h unha rolda de prensa na sede da Refinería Repsol na Coruña para anunciar a obra gañadora do XI Premio de Narrativa Breve Repsol. Intervirán no acto Javier Sancho Hernández, director da refinería, Gonzalo Vázquez Villanueva, subdirector de Programas Institucionais e Culturais da Fundación Repsol, Valentín García Gómez, Secreatrio Xeral […]

Un final alternativo para O monstro de Ille

E por fin chegou o día! Hoxe revelamos cal é o final alternativo que Jorge Emilio Bóveda escribiu para O monstro de Ille, unha novela escura sobre un tempo escuro no que todo o sobrenatural era natural e meigas, demos, feitizos e Inquisición convivían con normalidade nun universo complexo e imprevisible. O relato de tres […]