Antón Riveiro Coello

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é autor de títulos coma A quinta de Saler (Galaxia, 1999, 3ª ed.), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999, 2ª ed.), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000, 7ª ed.), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001, 2ª ed.), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); […]
Convócase o Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2018

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XVIII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario […]
XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario […]
Xornadas sobre Domingo Fontán e Otero Pedrayo

A Fundación Otero Pedrayo celebrará os vindeiros venres 20 e sábado 21 de outubro unhas xornadas arredor das figuras de Domingo Fontán e Otero Pedrayo con motivo de cumprírense os 200 anos do incio da elaboración da Carta Xeométrica de Galicia e o 151 da morte de Fontán. As xornadas terán lugar na sede da […]
Riveiro Coello finalista do Premio Frei Martín Sarmiento

A ferida do vento de Antón Riveiro Coello é unha das obras finalistas do XIV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. A última novela de Riveiro Coello, de quen chegou ás librarías nesta mesma semana o colección de microrrelatos Á sombra dos bonsais, opta así a un dos premios máis orixinais do panorama […]
Riveiro Coello experimenta co microrrelato en A sombra dos bonsais

Dos prelos de Editorial Galaxia sae a nova obra de Antón Riveiro Coello. Un desafío, un xogo no que os recursos literarios empregados van minguando conforme a intensidade literaria medra. Da maior á menor extensión, das tres páxinas do relato inicial á frase única de tres palabras do conto final, nun in crescendo no que […]
Carne de Leviatán e Estúrdiga materia, finalistas do Premio Mondoñedo 10

A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É… e o Concello de Mondoñedo convocaron a segunda edición do galardón denominado Premio Mondoñedo10 co obxectivo de establecer vínculos entre a cidade que lles dá nome e as mellores obras de creación cultural producidas en Galicia e en galego nos últimos dez anos. Na […]
Conversas entre ciencia e literatura sobre Os nenos da varíola

A Editorial Galaxia organiza, en colaboración coa Delegación do CSIC en Galicia, unha serie de conversas arredor do libro Os nenos da varíola para estudantes da secundaria. Os encontros contarán coa presenza de María Solar, autora da novela, escritora e xornalista da CRTVG, e Marta López, científica titular do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de […]