Escoller onde buscar

Antón Riveiro Coello

Categoría: Destacado

Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964) é autor de títulos coma A quinta de Saler (Galaxia, 1999, 3ª ed.), Finalista Premio Torrente Ballester; Animalia (Galaxia, 1999, 2ª ed.), Premio Café Dublín; As rulas de Bakunin (Galaxia, 2000, 7ª ed.), Premio García Barros; Homónima (Galaxia, 2001, 2ª ed.), Premio Álvaro Cunqueiro; Cartafol do Barbanza (2002); A esfinxe de amaranto (Galaxia, 2003); Limaiaé (2005); Casas baratas (Galaxia, 2005, 2ª ed.); A voz do lago (Galaxia, 2007, 3ª ed.), Os ollos de K (Galaxia, 2007), Finalista Premio Novela Europea Casino de Santiago; As pantasmas de auga (2010); Laura no deserto (Galaxia, 2011, 6ª ed.), Premio da Crítica Española, Premio de Narrativa da AELG e Premio Frei Martín Sarmiento; Acordes náufragos (Galaxia, 2013, 2ª ed.); Os elefantes de Sokúrov (Galaxia, 2015, 3ª ed.), Premio Fervenzas Literarias; A ferida do vento (Galaxia, 2016, 4ª ed.), Premio Fervenzas Literarias; e Á sombra dos bonsais (Galaxia, 2017).

Comparte nas túas redes sociais ou por email