Conversas entre ciencia e literatura sobre Os nenos da varíola

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia organiza, en colaboración coa Delegación do CSIC en Galicia, unha serie de conversas arredor do libro Os nenos da varíola para estudantes da secundaria. Os encontros contarán coa presenza de María Solar, autora da novela, escritora e xornalista da CRTVG, e Marta López, científica titular do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC. Ambas estarán moderadas por Luisa Martinez, membro da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.
Nestes encontros dialogarase sobre a vida a principios do século XIX en Galicia, o descubrimento da vacina, o seu fundamento científico e a súas repercusión na poboación. A base deste diálogo é o poder narrativo con contidos históricos de Os nenos da varíola, unha poderosa ferramenta de divulgación científica que achega a ciencia á mocidade a través da lectura.
Podes descargar máis información premendo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email