Mañá coñeceremos a obra gañadora do Premio Repsol 2017

Categoría: Nova

Mañá mércores, terá lugar ás 12:30h unha rolda de prensa na sede da Refinería Repsol na Coruña para anunciar a obra gañadora do XI Premio de Narrativa Breve Repsol.
Intervirán no acto Javier Sancho Hernández, director da refinería, Gonzalo Vázquez Villanueva, subdirector de Programas Institucionais e Culturais da Fundación Repsol, Valentín García Gómez, Secreatrio Xeral de Política Lingüística, e un representante do xurado que será o encargado de dar lectura á acta do fallo do premio co nome da obra gañadora.
Estamos impacientes por saber quen será a afortunada ou afortunado nesta edición!

Comparte nas túas redes sociais ou por email