Preparando o outono literario

As cociñas da editorial están a punto. En setembro e outubro haberá noticias. Excelentes noticias. A próxima novela de Xosé Neira Vilas, por exemplo: "O latexar da aldea", unha viaxe polo mundo rural noso, cunha técnica semellante á que no seu día o escritor de Gres empregou para "Remuíño de sombras" (1973), naquel caso centrada […]

Fin de semana de música, libros e cine

Durante a Feira do Libro da Coruña que o vindeiro luns remata, a Editorial Galaxia tivo un protagonismo grande que vai completarse esta fin de semana, e o luns, con máis actos de presentacións de libros e concertos. Así pois, mañá sábado, e dentro dos actos da Semana da Música Infantil que a nosa editorial […]

Chega ás librarías Vic e Bombona

Publicamos unha nova historia de aventuras para os nenos e nenas de dez anos en diante, unha incríble viaxe protagonizada pola cadela máis lista do mundo e un neno que é un pequeno desastre… ou non! Axiña chegará ás librarías Vic e Bombona, a primeira novela de Sara Barreiro (Poio, 1981). Licenciada en Ciencias Políticas […]

As laranxas de Casares, sempre saborosas

Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, […]

Xornada na honra de Xaime Isla Couto no centenario do seu nacemento

A RAG celebra na Casa da Cultura de Vigo unha mesa redonda sobre Xaime Isla Couto, un dos fundadores da Editorial Galaxia. Xabier Martínez Cobas participará coa intervención titulada "Xaime Isla Couto e a economía galega"; Xosé Luís Franco Grande, con "Xaime Isla Couto ou o proxecto permanente" e Víctor F. Freixanes falará sobre a […]

Cales son as túas #lecturasdeveran?

O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama. Unha das cousas boas que ten a lectura […]

Mercedes Queixas Zas

Toda viaxe encerra un camiño en permanente tránsito de experiencias, unha inquieta descuberta na procura do que a fotografía oficial non sempre retrata, unha volta á orixe para sempre que ten que ser reconstruída por nós, sen intermediacións, máis alá de álbumes familiares ou catálogos de intereseiro obxectivo turístico. É por iso que toda viaxe […]

A colección de silencios

O coleccionar non se atopa entre as miñas afeccións favoritas. Porén, faríame con gusto coleccionista de silencios. Sobre este estraño desvarío xa falou Heinrich Böll no seu relato A colección de silencios del Dr Murke. Murke gardaba anacos de cinta magnetofónica nunha lata. Nestes pequenos cachos estaban gravados os lugares onde os oradores facían unha […]