Cales son as túas #lecturasdeveran?

O estío é unha época na que, segundo todos os indicadores, medra o hábito lector. É unha obviedade, pero temos máis tempo para nós e, daquela, atopámonos cos libros que, ás veces, levan meses agardando, pacientes, por nós, nos andeis da casa ou á beira da cama. Unha das cousas boas que ten a lectura […]

Os pequenos da casa tamén van de festival

Malia que o verán está chegando á súa fin, aínda son moitas as citas festivas que restan en Galicia ata que comece formalmente o outono. Unha delas, o consolidado Festival de la Luz, que nesta súa cuarta edición continúa apostando polo incremento de actividades destinadas aos máis pequenos e pequenas da casa. Entre elas, figuran […]

A colección Árbore chega ao número 200

Coa publicación de VIC E BOMBONA, de Sara Barreiro, a colección Árbore, na que se integran os libros destinados ao público infantil, chega ao seu número 200. Unha árbore, xa que logo, vizosa e chea de follas de papel coma froitos da imaxinación. A colección Árbore é un selo estratéxico xa non só no catálogo […]

Chega ás librarías Vic e Bombona

Publicamos unha nova historia de aventuras para os nenos e nenas de dez anos en diante, unha incríble viaxe protagonizada pola cadela máis lista do mundo e un neno que é un pequeno desastre… ou non! Axiña chegará ás librarías Vic e Bombona, a primeira novela de Sara Barreiro (Poio, 1981). Licenciada en Ciencias Políticas […]

As laranxas de Casares, sempre saborosas

Un dos obxectivos que sempre se planteou como obrigatorios no seu traballo literario Carlos Casares foi o de producir textos infantís, de varios xéneros, para fornecer o sistema literario galego dunha oferta atractiva de produtos sedutores para a cativada do país. Por iso a súa presenza na LIX foi sempre tan importante. E por iso, […]

O Otero Pedrayo universitario

Estes días irá chegando ás librerías de Galicia o libro LEMBRANZAS DO MEU VIVIR II de Ramón Otero Pedrayo centrado nos tempos da universidade, en Madrid, entre os anos 1904 e 1912. Don Ramón, ademais de grande polígrafo e patriarca das letras galegas, foi un modelo de universitario, primeiro como estudante e, logo, como profesor. […]

Tempos chegados?

O título recolle a pregunta presente no himno galego. 'Tempos chegados? Sobre o futuro político de Galiza' reúne, baixo da edición de Arturo de Nieves e Carlos Taibo, traballos de Justo Beramendi, Joám Evans, José Antonio Portero e Xavier Vence. Un texto chamado a reflexionar sobre uns tempos, os de hoxe, convulsos no contexto planetario […]

Fin de semana de música, libros e cine

Durante a Feira do Libro da Coruña que o vindeiro luns remata, a Editorial Galaxia tivo un protagonismo grande que vai completarse esta fin de semana, e o luns, con máis actos de presentacións de libros e concertos. Así pois, mañá sábado, e dentro dos actos da Semana da Música Infantil que a nosa editorial […]