Unha empresa sen precedentes

O esforzo foi moi grande e os resultados están aí. A Diciopedia do Século 21, parte do Proxecto Século 21, elaborado por Editorial Galaxia e Edicións do Cumio, está a ser recibida coma unha ferramenta fundamental para as bibliotecas familiares e as bibliotecas escolares: 45.000 biografías, topónimos e nomes propios, 850 planos e mapas, 425 […]
Músicos e poetas en Trasalba

Chus Pato, María do Cebreiro, Víctor Cambio e Manuel Vilanova foron as voces da poesía, presentados todos por Marcos Valcárcel. Poemas editados e algúns textos inéditos, de próxima aparición. Abe Rábade Trío encargouse da parte musical, cun concerto de cinco temas máis unha propina. Entre os temas salientou sobre todo Campo da Estrela, dedicado á […]
Homenaxe a Bernardino Graña, que cumpriu 75 anos

Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) é unha das figuras sobranceiras da cultura e as letras galegas. A súa obra é extensa e variada: Poema do home que quixo vivir (1959), Profecía do mar (1966), Nin vexo Vigo nin Cangas (1975), Se o noso amor e os peixes… (1981), Simacima do voar tolo (1984), Himno […]
Os amigos de Verines

Verines vén sendo, dende hai 23 anos, unha referencia nas letras españolas. Escritores e escritoras en galego, castelán, éuscaro e catalán falan de literatura. A Universidade de Salamanca, en colaboración co Ministerio de Cultura e o Principado de Asturias, iniciou estes encontros no ano 1984 e dende entón, contra o mes de setembro, os escritores […]
Para que o mundo lea a Galicia

Arredor de vinte editoriais galegas asistiron á Feira de Frankfurt, entre elas Editorial Galaxia. Unha das novidades foi a presentación do portal "readgalicia,com", elaborado pola Consellería de Cultura e Deportes en colaboración coa Asociación Galega de Editores. Trátase, segundo se explica no propio portal, de "buscar lectores alén das nosas fronteiras", Unha literatura moderna afírmase […]
Jordi Sierra i Fabra, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Jordi Sierra i Fabra (Barcelona, 1947) é un autor de grandes públicos e de extraordinaria eficacia narrativa. O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, promovido polo Ministerio de Cultura, foille concedido polo libro Kafka y la muñeca viajera, editado no ano 2006. No xurado, presidido por Luis Mateo Díez, participaron por Galicia o escritor […]
Alfonso Zulueta, Premio IURISGAMA

Preside a Asociación de Xuristas Galegos o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense Carlos Lema Devesa e a entrega do premio se realiza en Madrid, no Senado, xunto co Premio Montero Ríos, que tamén promove a devandita institución. IURISGAMA constituíuse en Madrid no ano 1996 a partir dun amplo colectivo de profesionais relacionados co […]
César Antonio Molina na Feira do Libro da Coruña

Na presentación do seu libro César Antonio Molina estará acompañado por Víctor F. Freixanes, Luís García Soto, Antón Patiño e Manuel Vilariño. Editorial Galaxia publica na colección Dombate de poesía o segundo poemario escrito en galego por César Antonio Molina. Todos os ríos do mundo reflíctense en Eume, o fluír da vida arrequenta a literatura, […]