"EU TAMÉN SON FONTE" EN RIBEIRA

Despois do seu paso por Moaña, onde estivo aberta durante o mes de Outubro, as ilustracións de Leandro Lamas para o libro de Teresa Moure, Eu tamén son fonte, chegan durante o mes de Novembro ao Auditorio de Ribeira. Trátase dun conxunto de paneis en formato grande onde o espectador pode, ademais de asistir a […]

FLIS-FLI-RIS-FLÁS COMEZA A VIVIR NOS BLOGS

Así, no blog Dálle un coliño, podemos ler: "Fomos ver a representación de Flis Fli Ris Flas, do grupo Matapiollos, que se encadra dentro da campaña de animación lingüística da que xa vos falara. A obra é boísima, recoméndovola sen dubidalo. Os nenos participaron un montón interactuando en todo momento con Martiño (o protagonista) e […]

Unha entrevista con Rei Ballesteros

Naquela conversa no número 159 de Grial, Anxo Rei Ballesteros daba mostra de todo o seu talento e de todo o seu enxeño á hora de pasar duns temas a outros con brillantez e naturalidade. Falou da súa obra e dos soños, da evolución da literatura galega e doutros moitos asuntos, sempre desde un pensamento […]

O idioma cara o futuro

O número inclúe unha conversa que Hakan Casares e Monteagudo mantiveron en Santiago de Compostela con Dónall Ó Riagáin, irlandés, un dos máis prestigiosos expertos en planificación lingüística, consultor independente para diversos gobernos e institucións e un dos impulsores e redactores da Carta Europea para as Lenguas Rexionais ou Minoritarias. A realidade lingüística da Galicia […]

No pasamento de Camilo Gonsar

Camilo Gonsar era membro da Real Academia Galega desde o ano 2002. O seu nome está para sempre unido ao que se deu en coñecer como a Nova Narrativa Galega, movemento anovador das nosas letras nos que Camilo Gonsar vai protagonizar un papel sobranceiro, en especial trala publicación de novelas como Cara Times Square no […]

"A choiva do mundo" no Ateneo de Ourense

A choiva do mundo é unha novela coral, nacida do entrecruzamento dos xéneros máis diversos, un mosaico feito con anacos da vida no que o amor e o desamor, a loucura, a soidade e a terra se encarnan en máis dun cento de personaxes de lugares e tempos dispares. Metáfora da construción perpetua do mundo […]

Rematou o CULTURGAL

A segunda edición do Culturgal remata deixándonos unha máis que agradable sensación, tanto polo aumento da participación do público como pola calidade das iniciativas amosadas e dos productos presentados. A Editorial Galaxia tivo un especial protagonismo ao longo de todos estes días de Feira, cunha programación na que abondaron as presentacións de libros e os […]

NOVIDADES NADAL 08

O xornal conta con dezaoito páxinas de información arredor dos novos lanzamentos da editorial. Entrevistas, novas, reportaxes e suxestións que non deixan fóra ningún chanzo de idade, desde os máis cativos aos últimos lanzamentos literarios. Nesta publicación informamos das novidades que, coincidindo co Ano Ramón Piñeiro que celebraremos en 2009, a Editorial Galaxia vai dar […]