Camilo Gonsar era membro da Real Academia Galega desde o ano 2002. O seu nome está para sempre unido ao que se deu en coñecer como a Nova Narrativa Galega, movemento anovador das nosas letras nos que Camilo Gonsar vai protagonizar un papel sobranceiro, en especial trala publicación de novelas como Cara Times Square no ano 1980, unha das novelas máis exitosas da nosa historia e que contribuíu a entroncar as nosas letras coas grandes tradicións literarias europeas. Na súa escrita, moi probablemente, o escritor de Sarria viuse influído polo seu traballo a finais dos 50 e primeiros sesenta en distintas institucións educativas de Londres e Estados Unidos.
O sarrián recibira o Premio da Crítica no ano 1983 pola súa novela A Desfeita (semirreportaxe). Outras obras de seu foron Lonxe de nós e dentro, 1961 (relatos), Como calquera outro día, 1962 (novela), Cemento o e outras escenas, 1994 (narrativa), Arredor do non, 1995(narrativa) e A noite da aurora, 2003 (novela).
Para o volume Relatos completos. 1961-1995 que a Editorial Galaxia publicou o pasado mes de outubro, o escritor Manuel Forcadela escribiu un fermoso limiar que podes descargar na columna da dereita desta páxina.