O xurado formado por Armando Requeixo Cuba, Xosé Manuel Eiré Val, Luis Alonso Girgado, Carlos Lema, e Valentín García Gómez, que actuou como Secretario, acordou, por maioría, conceder o XX Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) á obra presentada baixo o lema Á espera do lusco fusco. En opinión do xurado, a novela gañadora é especialmente valorable por tratarse dun monólogo narrativo, escrito cunha linguaxe coloquial que utiliza recursos rítmicos como a repetición con fins paródicos.

A novela é unha metáfora burlesca da literatura, pon en entredito a ficción tradicional como convención e xoga coa tradición literaria de Shakespeare e Cervantes a Blanco Amor, para acabar constituíndo un divertimento en busca da libertade literaria e da esencia da escrita.

Xesús Constela obtivo co seu primeiro libro, As humanas proporcións, o Premio Torrente Ballester 2003 da Deputación da Coruña. En 2007 publicou, en Galaxia, a súa primeira novela, Libro das Alquimias.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR