Presentación en Vigo de "Memoria de cidades sen luz"

Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Manuel Candelas, profesor de literatura española na Universidade de Vigo, acompañaron a autora nesta presentación na que é a súa nova cidade de acollida. Este acto enmárcase dentro do programa "Letras Vivas" da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural para promover as presentacións literarias en librerías. […]

Un bico de amor e vida

Tralo exitoso lanzamento dos outros dous musicontos, "O prodixio dos zapatos de cristal" e "O debut de Martino Porconi", nacidos do traballo en colaboración entre Xosé A. Neira Cruz e Maximino Zumalave como director da Real Filharmonía de Galicia, chega este terceiro título no que se recrea o conto tradicional de Hans Christian Andersen, "A […]

Volve O Alquimista

Naquel xa afastado ano de 1988, cando esta obra de Paulo Coelho viu a luz vendéronse, só naquel ano, 27 millóns de exemplares, dato que pode dar conta aproximada da aceptación que a historia escrita polo autor brasileiro ten para tantas persoas diferentes, pois desde entón non deixou de editarse e reeditarse en practicamente todas […]

Os libros de Galaxia en Google

Semanalmente Google informa dos movementos que se producen no fondo de exposición e promoción editorial que Editorial Galaxia ten no buscador. Na actualidade hai máis de mil títulos galegos que poden ser consultados, segundo o acordo que o pasado ano estableceron as dúas empresas. A curva é espectacularmente ascendente. En novembro de 2008, cando iniciamos […]

DORIS LESSING EN GALEGO

Publicada por primeira vez en 1962, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha muller divorciada, inmersa nunha crise persoal, que decide escribir as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente. O caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o […]

O significado metafísico da Saudade

"Filosofía da saudade", publicado por primeira vez en 1984, recolle os ensaios escritos por Ramón Piñeiro sobre o significado metafísico da saudade como sentimento constitutivo da singularidade do ser, unha das grandes achegas, segundo o autor, da tradición cultural galega e portuguesa á cultura universal. A experiencia da saudade como determinación do home galego, como […]

UNIVERSO LECTOR

Todo escritor está irremediablemente encadeado aos seus gustos literarios. Máis ca en influencias ou en reaccións penso no feito de que un sempre escribe os libros que anceia ler, ata o punto de que as lecturas alleas marcan tamén as coordenadas da obra propia. Relacionando ambos os dous datos é posible coñecer o universo que […]

O acordeón

Bob Dylan saca novo disco: Together Throungh Life. Na entrevista de lanzamento manifesta especial cariño por un instrumento do que, até o de agora, fixera escaso uso: o acordeón. Di que é a un tempo orquestral e persuasivo. Nunca reparara nas virtudes flexibles do acordeón, pero escoitándoo con calma demostra a súa natural capacidade para […]