Entrega do Premio San Clemente a Anxos Sumai e Haruki Murakami

O Premio San Clemente está considerado, e con razón, un dos galardóns máis apetecidos por todas as escritoras e escritores, e xa non só galegos, pois estamos a falar dun premio de dimensión internacional. O motivo de que sexa un premio tan gorentoso é que está concedido por rapaces e rapazas de diversos institutos galegos, […]

Unha boa nova para a lingua

Sen dúbida, é unha boa nova para a lingua de nós, tan necesitada de noticias esperanzadoras. Segundo os expertos das Nacións Unidas, o galego estaría a salvo, entre outras cousas, porque os nenos o aprenden como lingua nai. Este dato subliña a importancia da presenza da nosa fala nos programas educativos e como unha lingua […]

Manuel Rivas, Premio de xornalismo Francisco Fernández del Riego 2009

Os premios de xornalismo Julio Camba e Francisco Fernández del Riego, que convoca anualmente a entidade financiera Caixanova, están dotados con 12.000 euros. Manuel Rivas evoca a figura de Ramón Piñeiro e fai unha metáfora da mesa braseiro da rúa Xelmírez 15, pola que pasaron tantas xeracións de vellos e novos galeguistas, comparándoa coa gran […]

Presentación en Vigo de "Memoria de cidades sen luz"

Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Manuel Candelas, profesor de literatura española na Universidade de Vigo, acompañaron a autora nesta presentación na que é a súa nova cidade de acollida. Este acto enmárcase dentro do programa "Letras Vivas" da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural para promover as presentacións literarias en librerías. […]

Un bico de amor e vida

Tralo exitoso lanzamento dos outros dous musicontos, "O prodixio dos zapatos de cristal" e "O debut de Martino Porconi", nacidos do traballo en colaboración entre Xosé A. Neira Cruz e Maximino Zumalave como director da Real Filharmonía de Galicia, chega este terceiro título no que se recrea o conto tradicional de Hans Christian Andersen, "A […]

Volve O Alquimista

Naquel xa afastado ano de 1988, cando esta obra de Paulo Coelho viu a luz vendéronse, só naquel ano, 27 millóns de exemplares, dato que pode dar conta aproximada da aceptación que a historia escrita polo autor brasileiro ten para tantas persoas diferentes, pois desde entón non deixou de editarse e reeditarse en practicamente todas […]

Os libros de Galaxia en Google

Semanalmente Google informa dos movementos que se producen no fondo de exposición e promoción editorial que Editorial Galaxia ten no buscador. Na actualidade hai máis de mil títulos galegos que poden ser consultados, segundo o acordo que o pasado ano estableceron as dúas empresas. A curva é espectacularmente ascendente. En novembro de 2008, cando iniciamos […]

DORIS LESSING EN GALEGO

Publicada por primeira vez en 1962, O caderno dourado conta a historia de Anna Wulf, unha muller divorciada, inmersa nunha crise persoal, que decide escribir as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente. O caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o […]