"O imposible de desatar", de Iván García Campos

Os lectores de todo o país xa poden disfrutar do novo premio Blanco Amor de Novela, que este ano recaeu nun autor que comeza a súa andaina literaria, Iván García Campos, coa súa obra 'O imposible de desatar', unha obra que sorprendeu ao xurado pola súa forza narrativa. Na novela, o lector vai ter que […]

"Memorias dun neno labrego" en Galaxia

Será o primeiro caso no que a Biblioteca de Autor de Galaxia se dedica a un escritor vivo. É o recoñecemento da súa condición de clásico. Antes de final de ano sairán os dous primeiros títulos: "Memorias dun neno labrego" e "Cartas a Lelo", que se incorporan deste xeito ao importante patrimonio da editorial. Deseguido […]

'A esmorga' ao completo

Estes días está chegando ás librerías de todo o país 'A esmorga' de Eduardo Blanco Amor como o escritor querería vela, é dicir, coas pasaxes eliminadas pola censura franquista na edición de 1970. Corenta anos despois, lemos esta novela, considerada por moitos como o mellor libro da historia da literatura galega, íntegra e con todos […]

Presentación de 'Made in Galiza' en Istambul

Será o sábado 6 de novembro, na Feira do Libro de Istambul cando Séchu Sende presentará as traducións ao curdo e ao turco do seu 'Made in Galiza'. O escritor, segundo nos informa, dará unha conferencia que servirá como reivindicación das linguas en vías de normalización, denuncia da política lingüística do goberno galego incluída, entre […]

Abrapalabra!

Onte arrincou, dentro do programa Bocaberta de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha das campañas ideadas pola nosa editorial. O mago Carlos Coira fará, en directo, sen trampa nin cartón, múltiples trucos a través dos que gozar da maxia das palabras, pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre […]

Inma López Silva recolle o Premio San Clemente

O pasado mes de Xuño a novela 'Memoria de cidades sen luz' de Inma López Silva foi recoñecida co premio Arcebispo San Clemente, un dos, en palabras da autora "premios máis bonitos que hai, porque é un xurado de alumnos e toman o seu labor moi en serio". Con este novo galardón, a novela de […]

Editorial Galaxia e a revista Grial nas universidades de Nova York

Invitado polas universidades de Fordham (Nova York), CUNY (universidade pública) e Hofstra (Long Island), o director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, está a impartir unha serie de conferencias nestes centros universitarios norteamericanos. Na CUNY impartirá ademais un curso de literatura galega contemporánea. Nas outras dúas, universidades privadas, falou de Galicia, da literatura e […]

AS RULAS DE BAKUNIN cada vez máis internacional

New Spanish Books é un proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido. Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta edición do panel, 11 obras foron as escollidas por un comité independente de expertos polo seu interese e atractivo para seren […]