AS RULAS DE BAKUNIN cada vez máis internacional

New Spanish Books é un proxecto promovido polo ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) para fomentar a tradución da literatura publicada en España no Reino Unido. Dos 228 títulos propostos polas editoras para esta edición do panel, 11 obras foron as escollidas por un comité independente de expertos polo seu interese e atractivo para seren […]

Galaxia no Liber 2010

A nosa editorial será unha das máis de 20 editoras galegas que participarán nunha nova edición do Liber de Barcelona a partir de hoxe na que está considerada a máis importante cita do sector do libro en España. Ademais da actividade expositiva, Liber ofrece a oportunidade de asistir a relatorios, obradoiros e debates sobre as […]

No pasamento de Suso Díaz

Onte coñeciamos a terrible nova do pasamento repentino de Suso Díaz, un dos nomes esenciais do teatro galego, membro de Sarabela Teatro e que, na actualidade, estaba, dentro dos seus moitos proxectos teatrais, desenvolvendo con Galaxia e o Xacobeo a campaña que titulamos 'O fillo do trono'. Na foto coa que ilustramos esta nota, vémolo […]

Ola, ola, la!… Abrapalabra!

Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou o pasado venres en Santiago de Compostela e no que a Editorial Galaxia ten un protagonismo moi especial co desenvolvemento de dúas […]

Ánjel Lertxundi, gaña o Nacional de Ensaio

O escritor Ánjel Lertxundi gañou onte o Premio Nacional de Ensaio, dotado con 20.000 euros, pola súa obra en eúscaro 'Eskarmentuaren paperak' (Os papeis da experiencia), un ensaio en parte autobiográfico ó ter como eixo central os seus propios recordos. No catálogo da editorial Galaxia temos publicadas tres das súas novelas para mozos e mozas, […]

Os cárceres e a memoria dos presos do franquismo

Estes días chega ás librerías de todo o país o libro de Domingo Rodríguez Teijeiro, 'Presos e prisións na Galicia de guerra e posguerra. 1936-1945', un estudo esencial para un mellor coñecemento do proceso de represión franquista. Para a escrita deste rigoroso ensaio, o autor bebeu en toda clase de fontes, tanto as de carácter […]

Homenaxe a Fermín Penzol

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolle dende hoxe e ata o vindeiro 30 de novembro a exposición-homenaxe a Fermín Penzol, mecenas da cultura, que en 1963 constituíu o fondo bibliográfico e arquivístico máis importante do galeguismo contemporáneo. Son miles de libros, documentos, cartas, folletos, carteis, manuscritos, mapas, prensa legal e clandestina, teses de […]

Caneiro presenta en Ourense UN ÚLTIMO DESTINO

O escritor Xosé Carlos Caneiro presenta a súa nova novela, Un último destino. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia. A novela cóntanos a historia de Elisardo Buenaventura, que regresa durante un mes a Dalmara, a vila dos seus antepasados: o seu pai, un orate desequilibrado por amor, e o seu avó, […]