No pasamento de Suso Díaz

Categoría: Nova

Onte coñeciamos a terrible nova do pasamento repentino de Suso Díaz, un dos nomes esenciais do teatro galego, membro de Sarabela Teatro e que, na actualidade, estaba, dentro dos seus moitos proxectos teatrais, desenvolvendo con Galaxia e o Xacobeo a campaña que titulamos 'O fillo do trono'. Na foto coa que ilustramos esta nota, vémolo en plena representación de 'A esmorga' de Blanco Amor, coa que hai un par de anos conseguiu o unánime aplauso da crítica e do público galego.
Dende a editorial Galaxia facemos nosa a tristura toda que o mundo teatral galego sinte neste momento.

Comparte nas túas redes sociais ou por email