O escritor Xosé Carlos Caneiro presenta a súa nova novela, Un último destino. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia.
A novela cóntanos a historia de Elisardo Buenaventura, que regresa durante un mes a Dalmara, a vila dos seus antepasados: o seu pai, un orate desequilibrado por amor, e o seu avó, un filántropo de imaxinación portentosa. Nese territorio ficcional, que acolle o universo literario do autor, Un último destino introduce os lectores nunha atmosfera envolvente, facéndoos sentir seres á marxe da realidade, habitantes dun universo insólito, dun mundo paralelo no que unha tribo de personaxes procuran permanentemente a felicidade.