"O imposible de desatar", de Iván García Campos

Categoría: Nova

Os lectores de todo o país xa poden disfrutar do novo premio Blanco Amor de Novela, que este ano recaeu nun autor que comeza a súa andaina literaria, Iván García Campos, coa súa obra 'O imposible de desatar', unha obra que sorprendeu ao xurado pola súa forza narrativa.

Na novela, o lector vai ter que ir compoñendo, coma se dun crebacabezas se tratase, a historia dunha familia dos nosos días. O narrador fai que a acompañemos durante todo un día, para aprendernos a ver, debaixo dos acenos máis insignificantes, o profundidade da esencia da vida.

No fondo, como toda a boa literatura, un pretexto para falarnos da nosa sociedade e dos nosos días.