Este mércores haberá unha presentación diante dos medios de comunicación do libro de Enrique Bande, 'Institucións docentes e grandes mestres en Ourense', un volume que se achega á importancia dos docentes na provincia ourensá ao longo da súa historia, á paulativa incorporación das mulleres ao ensino e, en definitiva, a analizar o papel que o mundo educativo ten desenvolvido na historia da cidade e, por extensión, no conxunto do país.
Esta rolda de prensa contará coas intervencións de José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e o autor, Enrique Bande.